Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 17/09/2024 | Actualizada ás 00:32
Un incendio iniciado na noite do pasado luns en Porto do Son provocou "horas difíciles" durante a madrugada deste martes pola súa proximidade a vivendas na parroquia de Caamaño. O lume, que xa está controlado, queimou 15 hectáreas.
En declaracións a Europa Press, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, explica que entre as 11,00 horas da noite do luns e a 1,00 da madrugada do martes vivíronse "horas difíciles" en Caamaño porque "facía moito vento e estábase achegando moito o lume ás vivendas", onde está a casa de cultura. Aínda que houbo que desaloxar a ninguén, si que "se tivo que avisar aos veciños para que estivesen atentos".
De feito, chegaron a arder tres coches dun taller que "tiña para despezamento". "Despois empezaron a chegar os bombeiros de Ribeira, os bombeiros de Boiro e as bombas de Medio Rural e fomos capaces de controlalo", explica este rexedor que se desprazou ata o lugar.
En canto ás causas do lume, o alcalde afirma que "todo apunta a que foi provocado" ao iniciarse de noite cando non había medios aéreos, nun día con moita calor e con forte vento. "Non sei con seguridade, pero todo implica que sexan provocados", xa que "aquí sempre pasa o mesmo". "Dicíame algún brigadista que descubriu que había dous ou tres focos", aínda que "non eran grandes focos".
Pola súa banda, fontes da Consellería do Medio Rural indican a Europa Press que o lume se iniciou ás 22,29 horas de luns e está controlado desde as 4,29 horas da madrugada este martes. Mobilizáronse 21 brigadas, 10 axentes, 14 motobombas e dúas pas.
RETENCIÓNS
Como consecuencia do lume estanse rexistrando retencións na AC-550 á altura de Xuño e dende os grupos de WhatsApp da zona alertan de que xa chegou a última hora da noite do luns axentes de Tráfico para proceder ao corte total da circulación. As mesmas fontes apuntaron que xa foran desaloxadas varias vivendas con nenos e maiores no seu interior e que alo menos tres vehículos foron alcanzados polas chamas, quedando completamente calcinados.
Incendio forestal en Porto do Son iniciado este luns 16 de setembro | Fonte: Grupos de WhatsAppVer esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A tempada de pesca fluvial comezará en Galicia o 16 de marzo até o 31 de xullo
- Tarántulas, tartarugas caimán, primates ou osos...Sabes que hai detrás do rescate de fauna salvaxe?
- Pechados por toxinas máis da metade das bateas de Galicia
- Cabichas, cintas de embalaxe e cerámica, elementos máis presentes na 'basuraleza' da costa galega
- As medidas dos animalistas para reducir os incidentes con xabaríns: esterilizacións e máis sinais de tráfico
- Cambio climático e furacáns: o Atlántico máis cálido alimenta ciclóns máis potentes