En Cataluña o 48% do cidadáns votou por unha opción en que se lles deixase decidir, e nas ultímalas dúas eleccións alí convocadas as opcións mais apoiadas foron as que defenden ese dereito. No Pais Vasco é unha loita que nos remonta a épocas tristes e penosas nas que mesmo existiron vítimas, o cal debe de ser inadmisible nun estado de dereito
En ultímalas eleccións xerais case 5.200.000 persoas votaron polas opcións en que participaba Podemos, e nalgún caso (Galicia, Cataluña, Pais Valenciano), unidos a forzas nacionalistas.....polo PSOE votaron 5.500.00
Se observamos todo isto, se vemos os datos, poderiamos entender con facilidade que non tanta xente vería con malos ollos que se deixe decidir, non tanta. Poderiamos facer un referendo autonomico, e se o resultado é moi axustado outro nacional, poderiamos buscar alternativas ao inmobilismo do goberno, pero esta claro que debemos de deixar que o pobo elixa, o pobo é soberano, e os gobernantes tan só deberían ser xestores das decisións do pobo
E en base a iso tamén debería de existir un referendo para a figura do xefe de estado. A democracia significa o poder do pobo, e por tanto o pobo é quen debe elixir a quen quere como xefe de estado. A monarquia é unha imposición do estado ao pobo.
Estamos nunha sociedade moderna, e todas as sociedades modernas actuais carecen de reis, iso é historia, o sangue azul é un bonito conto de fadas para nenos, pero é tan só iso, un conto. Non ten sangue azul, é mentira, se vostedes fanlles sangrar terán sangue vermello, igual que vostede e que eu, e son cidadáns nados neste pais, cos mesmos dereitos e liberdades ante a lei, (ou así debería de ser), por tanto deben de someterse ás decisións do pobo, e se non é así que non nos enganen......que non nos digan que vivimos en democracia