Bautista Álvarez ataca o bico entre Callón e Jorquera da campaña de Nós

Critica que o BNG non fora ás eleccións coa súa propia marca e advirte que, se non se aprende do acontecido o 20D, “haberá que retirar o temón das mans de grumetes e poñelo nas de expertos pilotos para que devolvan o navío ao porto de saída”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/12/2015 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Un dos históricos dirixentes nacionalistas, ex líder da UPG e ex deputado galego co BNG Bautista Álvarez, acaba de avivar as lapas das críticas internas que hai no BNG logo de non ter acadado representación nas pasadas eleccións xerais. E faino, como tamén o fixo o ex secretario xeral da UPG, Francisco Rodríguez, no órgano deste partido integrado no Bloque, Terra e Tempo.

Bautista Álvarez, presidente da UPG
Bautista Álvarez, presidente da UPG | Fonte: Terra e Tempo

Pero, Álvarez, a diferencia de Rodríguez ou doutros dirixentes políticos, busca explicacións da derrota do nacionalismo na propia casa e sinala como erros desta campaña o ter abandonado as siglas do BNG baixo o paraugas de Nós-Candidatura Galega e tamén por ter realizado unha campaña baseada na mercadotecnia e na que se defenderon outras cousas e non tanto o “dereito de autodeterminación nacional”.

Concretamente, o veterano líder nacionalista amósase moi crítico con certos vídeos publicados con Nós nos que se ve ao portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, bicándose con quen foi candidato de Nós pola Coruña e activista nos dereitos de LGTB, Carlos Callón.  “Vou entrar no miolo da cuestión. O dereito de autodeterminación nacional que proclama o nacionalismo ten que ser a estrela arredor da que xira un complexo sistema planetario”, apunta.

E sinala que “o combate da xenofobia, da homofobia, do sexismo, ademais da defensa dos dereitos que ao ser humano lle corresponden” non poden “opacar” ese obxectivo principal.  “Liberarnos os lemas que Gadis utiliza para vender. Non debemos deixar para as campañas a pedagoxía necesaria para formar a nosa base social”, engade. E precisa: “ Cando ao noso pobo lle metamos na mente o orgullo de ser galego teremos metade do camiño andado. Así é cando a sociedade poderá entender a falta de postos de traballo, as causas da emigración”.

Temas “tabús”

Álvarez é consciente de que se mete nun terreo complicado, e admíteo. “Dáme algo de medo meterme en temas que dun tempo para acá se converteron en tabús. Dáme igual. Estou escaldado da auga fervendo que me botaron enriba algúns dos meus lectores. Dos que me acusaron de misoxinia por ridiculizar a España encarnándoa en figura de muller”, indica. “Vou arriscarme a cruzar os límites impostos pola prudencia”, engade.

Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós
Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós

E, deste xeito, volve criticar os deseñadores da campaña nacionalista por “tapar con algún dos seus satélites o protagonismo reservado para a estrela”, é dicir, para a soberanía nacional. “Mesmo así, o impacto dalgún spot pode eclipsar a mensaxe principal coa secundaria. Falo das imaxes recollidas por algún xornal, e que o pudor dun político cuñado nos vellos moldes me impedíu ler o texto que as acompañaba. Quizais sexa por alerxia miña. ¿Non vos estraña que entre todos os vídeos fose este o único que mereceu a atención do medio? ¿Sería acaso pola calidade artística? ¿É así como pensamos liberar a patria, comezando por outras particulares e lexítimas liberacións?”, pregúntase en alusión a ese vídeo no que saen, entre outros, Jorquera e Callón.

Álvarez vai máis alá e apunta que “os amores de cada quen e as súas preferencias e particularidades deben reservarse para a intimidade da alcoba. Non parece oportuno exhibilos na ágora, que agora se coñece como praza pública. E moito menos amosalos como trofeo e mérito preferente para conquistar adhesións políticas. Ao elector interésalle máis saber o que vai comer e non con quen se vai deitar”.

“Innovacións publicitarias”

Por iso, insiste en criticar esas “ousadas innovacións publicitarias” pero suliña que a prioridade do BNG ten que ser a “liberación nacional do noso país”.  “Hai quen se pon na vangarda das liberacións que está de moda, e pasan por alto as que consideran resesas. Condúceme a esta conclusión o feito de que os meticulosos coa duplicación anticientífica de xéneros non teñan inconveniente en ultraxaren de maneira reiterada o idioma, e sigan pronunciando con fonemas españois os nomes de Feixóo e de Raxoi”, di en alusión a Carlos Callón.

O ex líder nacionalista lembra a súa etapa na oposición franquista para contrastar aquela época coa actual. “¡Quen lles diría aos que rescataron o nacionalismo do ostracismo no 64 que este acabaría extraviándose na encrucillada, tomando o ramal equivocado! Daquela soñaban algúns con baixar da serra de Manzaneda con estadullos e fouces irmandiñas, e, chegando a Compostela, queimar a bandeira española e enarborar a nosa no seu lugar”.

Sen embargo, Álvarez non se refire a outro dos vídeos de Nós que causou un grande impacto e se fixo viral, o da canción de Mini, Nós, que xa ten máis de 44.000 visualizacións en Youtube e foi parabenizado por destacados militantes nacionalistas, moitos deles, votantes de En Marea.

En todo caso, o dirixente recoñece que as súas opinións “non gozan de moito predicamento” e que, polo tanto, pediu que o seu artigo non se publicara antes das eleccións para que “non foran tomadas como cabeza de turco no caso de que os resultados sexan adversos”. Por iso, pasados os comicios e se non se entenden estas opinións, advirte.... “haberá que retirar o temón das mans de grumetes e poñelo nas de expertos pilotos para que devolvan o navío ao porto de saída”.

Siglas do BNG

Tamén recoñece que o BNG cometeu un erro nas pasadas eleccións xerais ao prescindir da designación de “Bloque” e integrarse na candidatura Nós. “Figuras do deporte ou da canción. Lembremos as famosas pernas de Dei Stefano vestidas con medias Panty. E sobre todo tempo. Pois o que é habitual na actividade económica tamén serve para a mercadotecnia política”, esgrime, antes de resaltar que as marcas políticas con implantación en Galicia despois da Transición “redúcense a tres: PP, PSOE e BNG”.

“A través das distintas variantes do nome, a organización sempre se identificou no pobo como Bloque. O criterio de consagración do nome foi o que prevaleceu na asemblea fundacional, en contra do parecer dos que pretendían lexitimamente definilo como Fronte. Sería arriscado”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

16 Gamela

a cousa vindo de quen vén xa case nin sorprende... o único bico nos fuciños (que non nos beizos!) é o que levan perpetrando estes dous dende o 1962... e iso sí que é francamente INDECENTE para calquera formación política que pretenda dar trigo no século XXI // Dí o bardo Bautista: daquela soñaban algúns con baixar da serra de Manzaneda con estadullos e fouces irmandiñas, e, chegando a Compostela, queimar a bandeira española e enarborar a nosa no seu lugar... E algúns valentes fixeronlle caso aos "covardes tabernarios" e foron executados sen que ninguén destes pais da súa patria de cartón deran un paso ao fronte cando os asasinaron no 1975 !!! Merdeiros e Traballeiros hainos en todas partes !!! /// http://gamela00.blogspot.com.es/201... /// Eu non sei que farán os militantes do BNG pero este par querían "colgados" cada un do seu estadullo ! Amén !

1 Gaitas do Nalón

Estás enfermo. Todos os días con ese blog que non le nknguén.

2 Gamela

Non, que eu saiba non teño gripe; en canto ao blog só anoto nel cousas que non debo esquecer... Pero agradécese a túa preocupación pola miña saúde, eu estaría máis preocupado polo estado de Bautista Álvarez & Paco Rodríguez & UPG

3 Gaitas do Nalón

Non é unha pregunta é unha afirmación. O gripe é unha enfermidade física e atúa é psíquica e loxicamente coma todos os que a padecen non son conscientes da mesma. Ese é o teu problema.

15 Eva

Certamente o vídeo de Callón con Jorquera foi un erro. O bico tiña que ser con Francisco Rodríguez.

1 Gaitas do Nalón

Caramba e ti es das que vai de tolerante....

14 Robus Tiano

E que xa hai que ter gañas para picar en Callon.........

13 Doutor Moreno

O típico exseminarista (a UPG inzado deles) e p u t o futboleiro madridista (a UPG inzada destes traidores futboleiros) e que ademáis está gagá....alguén terá que dicer-llo. sen ofender (por aquello dos servizos prestados con aquela chamarra verde e na sede de Perez Constanti).....

12 Carlos Casanova

Cando o xenrrisimo de Camilo Nogueira se colocou para dirixir o BNG, outra opción era a propia filla do filibusteiro, algúns xa avisamos... Pois Camilo tratou de liquidar, por oposición, por entreguismo e con malas mañas, o nacionalismo representado polo Bloque nos oitenta. Despois do desguace do PSG-EG, onde o PSOE levou a mellor parte, Camilo acobillouse e alimentouse do Bloque (a Sicav que algúns tanto lembran e outros esconden). Pois ben, Camilo logrou finalmente o seu obxectivo. Desde dentro, xa pode rir... Estamos asistindo á liquidación do BNG, cando menos a unha segunda e definitiva escisión, e todo por deixar facer a un xenro do Camilo. Parabéns por non querer ver!