Bautista Álvarez ataca o bico entre Callón e Jorquera da campaña de Nós

Critica que o BNG non fora ás eleccións coa súa propia marca e advirte que, se non se aprende do acontecido o 20D, “haberá que retirar o temón das mans de grumetes e poñelo nas de expertos pilotos para que devolvan o navío ao porto de saída”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/12/2015 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Un dos históricos dirixentes nacionalistas, ex líder da UPG e ex deputado galego co BNG Bautista Álvarez, acaba de avivar as lapas das críticas internas que hai no BNG logo de non ter acadado representación nas pasadas eleccións xerais. E faino, como tamén o fixo o ex secretario xeral da UPG, Francisco Rodríguez, no órgano deste partido integrado no Bloque, Terra e Tempo.

Bautista Álvarez, presidente da UPG
Bautista Álvarez, presidente da UPG | Fonte: Terra e Tempo

Pero, Álvarez, a diferencia de Rodríguez ou doutros dirixentes políticos, busca explicacións da derrota do nacionalismo na propia casa e sinala como erros desta campaña o ter abandonado as siglas do BNG baixo o paraugas de Nós-Candidatura Galega e tamén por ter realizado unha campaña baseada na mercadotecnia e na que se defenderon outras cousas e non tanto o “dereito de autodeterminación nacional”.

Concretamente, o veterano líder nacionalista amósase moi crítico con certos vídeos publicados con Nós nos que se ve ao portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, bicándose con quen foi candidato de Nós pola Coruña e activista nos dereitos de LGTB, Carlos Callón.  “Vou entrar no miolo da cuestión. O dereito de autodeterminación nacional que proclama o nacionalismo ten que ser a estrela arredor da que xira un complexo sistema planetario”, apunta.

E sinala que “o combate da xenofobia, da homofobia, do sexismo, ademais da defensa dos dereitos que ao ser humano lle corresponden” non poden “opacar” ese obxectivo principal.  “Liberarnos os lemas que Gadis utiliza para vender. Non debemos deixar para as campañas a pedagoxía necesaria para formar a nosa base social”, engade. E precisa: “ Cando ao noso pobo lle metamos na mente o orgullo de ser galego teremos metade do camiño andado. Así é cando a sociedade poderá entender a falta de postos de traballo, as causas da emigración”.

Temas “tabús”

Álvarez é consciente de que se mete nun terreo complicado, e admíteo. “Dáme algo de medo meterme en temas que dun tempo para acá se converteron en tabús. Dáme igual. Estou escaldado da auga fervendo que me botaron enriba algúns dos meus lectores. Dos que me acusaron de misoxinia por ridiculizar a España encarnándoa en figura de muller”, indica. “Vou arriscarme a cruzar os límites impostos pola prudencia”, engade.

Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós
Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós Bico entre Jorquera e Callón nun vídeo de campaña de Nós

E, deste xeito, volve criticar os deseñadores da campaña nacionalista por “tapar con algún dos seus satélites o protagonismo reservado para a estrela”, é dicir, para a soberanía nacional. “Mesmo así, o impacto dalgún spot pode eclipsar a mensaxe principal coa secundaria. Falo das imaxes recollidas por algún xornal, e que o pudor dun político cuñado nos vellos moldes me impedíu ler o texto que as acompañaba. Quizais sexa por alerxia miña. ¿Non vos estraña que entre todos os vídeos fose este o único que mereceu a atención do medio? ¿Sería acaso pola calidade artística? ¿É así como pensamos liberar a patria, comezando por outras particulares e lexítimas liberacións?”, pregúntase en alusión a ese vídeo no que saen, entre outros, Jorquera e Callón.

Álvarez vai máis alá e apunta que “os amores de cada quen e as súas preferencias e particularidades deben reservarse para a intimidade da alcoba. Non parece oportuno exhibilos na ágora, que agora se coñece como praza pública. E moito menos amosalos como trofeo e mérito preferente para conquistar adhesións políticas. Ao elector interésalle máis saber o que vai comer e non con quen se vai deitar”.

“Innovacións publicitarias”

Por iso, insiste en criticar esas “ousadas innovacións publicitarias” pero suliña que a prioridade do BNG ten que ser a “liberación nacional do noso país”.  “Hai quen se pon na vangarda das liberacións que está de moda, e pasan por alto as que consideran resesas. Condúceme a esta conclusión o feito de que os meticulosos coa duplicación anticientífica de xéneros non teñan inconveniente en ultraxaren de maneira reiterada o idioma, e sigan pronunciando con fonemas españois os nomes de Feixóo e de Raxoi”, di en alusión a Carlos Callón.

O ex líder nacionalista lembra a súa etapa na oposición franquista para contrastar aquela época coa actual. “¡Quen lles diría aos que rescataron o nacionalismo do ostracismo no 64 que este acabaría extraviándose na encrucillada, tomando o ramal equivocado! Daquela soñaban algúns con baixar da serra de Manzaneda con estadullos e fouces irmandiñas, e, chegando a Compostela, queimar a bandeira española e enarborar a nosa no seu lugar”.

Sen embargo, Álvarez non se refire a outro dos vídeos de Nós que causou un grande impacto e se fixo viral, o da canción de Mini, Nós, que xa ten máis de 44.000 visualizacións en Youtube e foi parabenizado por destacados militantes nacionalistas, moitos deles, votantes de En Marea.

En todo caso, o dirixente recoñece que as súas opinións “non gozan de moito predicamento” e que, polo tanto, pediu que o seu artigo non se publicara antes das eleccións para que “non foran tomadas como cabeza de turco no caso de que os resultados sexan adversos”. Por iso, pasados os comicios e se non se entenden estas opinións, advirte.... “haberá que retirar o temón das mans de grumetes e poñelo nas de expertos pilotos para que devolvan o navío ao porto de saída”.

Siglas do BNG

Tamén recoñece que o BNG cometeu un erro nas pasadas eleccións xerais ao prescindir da designación de “Bloque” e integrarse na candidatura Nós. “Figuras do deporte ou da canción. Lembremos as famosas pernas de Dei Stefano vestidas con medias Panty. E sobre todo tempo. Pois o que é habitual na actividade económica tamén serve para a mercadotecnia política”, esgrime, antes de resaltar que as marcas políticas con implantación en Galicia despois da Transición “redúcense a tres: PP, PSOE e BNG”.

“A través das distintas variantes do nome, a organización sempre se identificou no pobo como Bloque. O criterio de consagración do nome foi o que prevaleceu na asemblea fundacional, en contra do parecer dos que pretendían lexitimamente definilo como Fronte. Sería arriscado”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

11 Benvidos os que fan cavilar

Sen acritude, sabido é que o nivel de vida cerebral da maioria de comentaristas anda polo chan? non fai falla o contido do artigo, ao ver que está asinado por Bautista...brincan coma posesos. Mais, xusto é que poñades o artigo enteiro, un enlace ou cando menos onde se pode ler?. Coido que a xente e xentiña teñen cando menos o dereito a xulgar por eles, sen levalos da man. Así podemos comprobar tamén o nivel dos retratores que andan estes dias comentando no Terra e Tempo, coma o do 1º comentario, que esbardallaba contra Bautista, por crer unha falta de respecto por parte do referente do Referente do nacionalismo a Jimmy (o xiareiro do Depor asasinado polos franquistas en Madrid) na alusión de Bautista en botarse de bruces ao Manzanares por salvar do naufraxio ao ...jajajjajaja

1 Chousinha

Aprende a ler: no primeiro parágrafo tes os enlaces que faltan. E o do malandrín do Manzanares parece evidente, aínda que ti non o entenderas, se cadra por ir sobrado de neuronas... Certo que o artido de GC está moi mal redactado, faltan partes esenciais, pero case mellor así, que non lean o orixinal, que daquela o teu referente vai ciacú.

10 M. Foxo

Bautista:Canto te botan de menos no bar do Parlamento Galego ( nacionalistas do Real Madrid)

9 Parderrubias

E Carlos Callón vai quedar calado ante este ataque a súa persoa e condición? E a grumete Olalla Rodil agachará a cabeza para garantizar a mantenta no Sermos? E Noa, orgullosa do seu feminismo militante, debe pedir excusas? E Carme Adán, portadora dunha nova filosofía, que non precisa da obediencia do aparato para comer, fixo votos de silencio? Están tardando en dar resposta! Están colaborando na liquidación do BNG!

8 Xurxo Fabeiro

Bautista é sinceiro e ten razón. Compre unha autocrítica o 20D foi unha desfeita

1 Quitadediante

Jajaja. O más gracioso de todo e que tanto os seguidores como os críticos tratan a UPG como o nacionalismo en desaparición cando foron sempre unha ferramenta do estado para traizoar aos nacionalistas. Comenzando por Reboiras e segundo polos calumniados, perseguidos, utilizados etc.

7 Biosbardo

Os caciques da UPG están afilando os coitelos despois da nova debacle electoral. Realmente sinto bastante pena por eses 70.000 votantes de NÓS (BNGaos)... Xa falta menos pra ver como morre o cancro do nacionalismo galego...