Novas tensións entre PP e Compostela Aberta polos actos relixiosos

Pilar Rojo insiste na constitucionalidade da confesionalidade e Martiño Noriega defende a necesidade de separar actos relixiosos e civís.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/12/2015 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Os actos de translación dos restos do Apóstolo este mércores volveron suscitar unha viva polémica entre PP e  Compostela Aberta. Tras a negativa do alcalde da cidade, Martiño Noriega, a acudir a este acto por consideralo relixioso, a presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo, que acudiu como delegada rexia, criticouno ao considerar que a a confesionalidade é un feito constitucional.

Pilar Rojo durante os actos de ofrenda ao Apóstolo Santigo
Pilar Rojo durante os actos de ofrenda ao Apóstolo Santigo | Fonte: teinteresa.com

No seu discurso na catedral, Rojo volveu criticar a postura das mareas e reivindicou a "tradición" como o "espírito constitucional". Así, remarcou que "o principio de non confesionalidade, é diferente ao laicisimo, un principio que non contempla a nosa Carta Magna" e insistiu en que todos estamos en débeda co fenómeno xacobeo "que non hai nunca que esquecer, tampouco por parte dos poderes públicos".

Preguntado ao respecto, o alcalde, que se ausentou destes actos, considerou "respectable" esta opinión, pero defendeu a necesidade de diferenciar entre actos relixiosos e civís. Así, reiterou que tanto el como Compostela Aberta cumpriron, "como sempre" coas obrigacións de representación que leva ostentar o goberno municipal de Compostela.

Tamén ironizou con que quizá as palabras de Pilar Rojo ían dirixidas ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ou o portavoz municipal do PP no Concello, Agustín Hernández, que o pasado ano foi delegado rexio neste acto, xa que tampouco asistiron este mércores á misa solemne celebrada na Catedral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Canciño Laiko

Ben feito Martiño, ós curas e ó Correo nin auga, fai o que non fixo o bipartito e bótalle collóns.

1 nostrus

Eu, inda que me considero agnóstico, considero que se deben respetar as tradicions si caben na Constitucion, e sin tampouco ser escravos delas. O Apostolo e e todo o ambiente que o rodea pertenece a cultura e tradicion de Galicia, pero dende o mundiño nacionático crense eles os escollidos para decidir o que é ou non é tradicion sin respetar a ninguen que non sexa da sua corda. O nacionalismo galegueiro si que non pertenece a cultura galega porque Galicia nunca foi renegada. O nacionalismo galegueiro é unha enfermidade social que naceo ao rematar o século XIX.

1 Doutor Moreno

Tí ao teu,,,a lamber-lla ao madridisimo españolista mais asoballante como bó cipaio mercenario que es...neste caso tocou-che a mais fea..v.g. Pilar Rojo....coidado non agarres un Ebola Lingual, aínda que o mereces por mononeuronal e estómago agradecido, amais de cretino sempiterno.....