Fegamp acusa á Xunta de "incumprir os seus compromisos" por non integrar as unidades de drogodepencia no SERGAS

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, criticou que se as unidades de atención á drogodependencia non está integradas en 2024 no Sergas é porque a Xunta "incumpre os seus compromisos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia



O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, criticou que se as unidades de atención á drogodependencia non está integradas en 2024 no Sergas é porque a Xunta "incumpre os seus compromisos".

Así o fixo este mércores nun comunicado tras a carta enviada polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, á Fegamp na que lle urxía remitir coa "maior axilidade" a relación de representantes dos grupos e acusaba á Fegamp de "bloquear o proceso" de integración destas unidades.

"O servizo que se presta desde estas unidades aos usuarios dos 13 concellos nos que se sitúan, ademais dos usarios de concellos próximos, é unha cuestión moi seria para que o conselleiro pretenda confundir e desviar a ateción sobre os seus incumprimentos en l aintegraciónen o Sergas e na cobertura das vacantes actuais nesas unidades", afirmou Alberto Varela.

Neste sentido, criticou que o conselleiro "sabe dabondo" que se as unidades de drogodependencia "non están xa integradas" en 2024 no Sergas é porque a Xunta "incumpre os seus compromisos".

Por iso, continuou a Fegamp, o titular de Sanidade "debería preocuparse de resolver" os problemas creados por "os seus incumprimentos" no canto de "falsear a realidade" e responsabilizar á Fegamp e aos concellos.

O trece concellos atenden ese servizo "desde hai anos a pesar de que é unha competencia da Xunta", polo que teñen que facer fronte a "boa parte dos custos".

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, co presidende da Fegamp, Alberto Varela, en declaracións aos medios
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, co presidende da Fegamp, Alberto Varela, en declaracións aos medios

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta