Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

11 anónimo

os do bloque son os maiores cínicos torticeiros que pariu dios e a sua nai.

as galegas e galegos non olvidaremos esta aldraxe ao país. tempo ao tempo. a cada porquiño lle chega o seu sanmartiño.

10 abraiado

Paréceme moi esquerdista e mo de facer país eso que din algúns de que aínda que o BNG o faga mal, peor o fixeron os outros. Si, señor, unha lección de facer país.
E para outros que falan das axudas a xornais: os periódicos reciben diñeiro público, coma todo o mundo neste país, efectivamente, porque parece que só están subvencionados os cineastas, os periódicos e os gandeiros. E se miras o que venden El País e a Voz, proporcionalmente non son os máis beneficiados. Mira o que lle dan ó Progreso ou a El Correo Gallego. Pero o que xa é un caso aparte que un periódico naza porque lle dean molinillos a un señor ó que, con esa ganancia, lle van dar igual as perdas. Hai unha pequena diferencia.
E para os que, como Quintana e o señor Rivas, se lamentan de que se escriban "páxinas e páxinas do eólico" (lección de liberdade de prensa, si señor), pois que miren a hemeroteca ou que vaian á Voz de Galicia do luns para que vexan algúns titulares da época do PP nos que se fala de especulación en portadas.

9 undetal

Eis o cambio

hai catro anos, todos criticamos que o goberno de Fraga, en funcións, apurase as concesións de parques eólicos

Agora, o goberno do BNG, vai sacar apresa e correndo, con eleccions xa convocadas, as concesión eólicas, sen ter en conta os criterios de Medio Ambente. Por qué as presas se todo parece apuntar que o bipartito vai repetir no 2009?

Como din os franceses plus ça change...

8 asdfasd

CAZO CAZO CAZO CAZO E MÁIS CAZO!

C - O - R - R - U - P - C - I - Ó - N

7 Carlinhos

E logo que xornal di o psoe que se está financiar con diñeiro público? El País, La Voz ou todos?