Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

46 manolo

Bule Bule, igual é que non te enteras... explícocho mellor.

O de Leiceaga no Xornal foi unha falta de respecto, e deixou ben as claras por onde van os tiros.

Por poñerche un exemplo, é como se El País lle pide un artigo de opinión a Quintana. E cando o publican, aparece como autor: "Anxo Quintana, enfermeiro". ¿É mentira? Pois non, porque Quintana ten esa formación. Pero... paréceche correcto?

En todo caso, non te equivoques coa procedencia dos membros do consello de administración de Xornal. O importante é o día a día, o tratamento das informacións. Aí se demostra cara onde tiran.

E por suposto que hai outros xornais... É máis, espera a ver as cifras de vendas. Verás cantos ex-lectores de La Voz ou do Faro (xa non che falo dos de Ourense ou Lugo) compran agora o Xornal. Tempo ó tempo.

45 bule bule

Pois canido e compañía, se non vos gusta...non o compredes e menos o leades. Ninguén vos obriga. Eu puxen ás persoas que compoñen o conselo de administración deste xornal e hai algunhas que de nacionalistas nada de nada.
Sinceiramente, non sei se Ceferino Díaz segue no consello, pero estaba nun principio. E de nacionalista nada de nada.
En canto o de profesor de Universidade, non sei que ten que ver co tema, a verdade é que esta profesión está moi moi devaluada. Tiven profesores que mellor esquecelos e nos medios políticos aproveitan calqueira cousa para ser considerado coma tal. Aznar vai por ahí dando "clases" a universitarios, e mesmo a Zapatero o presentan coma profesor de Dereito Constitucional cando o único que fixo foi unha sustitución por 3 meses hai máis de 20 anos.

Home esméndrellome...que tal vai o meu clube de fans?? Espero que ben. En canto o que dis do xornal en cuestión, pois le o primeiro que dixen e segundo, se queres ver "equilibrio na información política" pos xa tes o xornal do "único editor independente de Galicia" ou "O Correo Gallego" ou El País..Ou mesmo "El Mundo". Tes razón. É unha mágoa que este xornal non siga o exemplo destes medios. :D

44 Canido

Eu non digo que o reparto foi xusto ó principio, eu digo que en Industria se plantexaron reglas para que o reparto fora xusto, cousa que co PP non pasara. Pero do o señor Quin necesitaba colocar moitos megavatios en certos sitios e eso era difícil de casar coas reglas iniciais. E por eso este retraso, porque igual se lles veñen demandas enriba.
E en canto a protexer sectores estratéxicos, xa me dirás ti o que gañamos con xente coma Jove. O capital non ten nación, a ver se o entendemos. Pero a algúns parécelles mellor un pirata galego que un empresario de fóra serio. Vale, pois a aplaudirlle as gracias a xente coma Lence, o home máis odiado polos gandeiros pero que, curiosamente, ten á Consellería do Medio Rural dando palmadiñas. Eso si que é facer país e estar cos pobres e bla bla bla.
É que así nunca iremos a ningún sitio. Os que crucificaron ó PP con razón no seu día polo tema eólico temos que criticar por forza o que pasa agora. E o que non o faga e un hipócrita que o que quere é facer BNG non facer país.
E outra cousa. O que diga que o Xornal é do PSOE é que non o leu. Parece un panfleto quintanista. Vaia independencia...

43 anónimo

rtlvg_quin

42 Esmendréllome

Home, Bule bule, ou es cego ou es algo peor. Non te decatas que o novo xornal está todo o tempo, veña ou non a conto, Quintana para aquí, Quintana para alí, Quintana para acolá. Non hai equilibrio na información política´. Hai días que é ridículo de tanto bombo. Pásanse e quedan co cu´ao aire. Ese é un feito.