Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

41 manolo

Bule bule, estás un pouco desfasado. E a túa idea de que Xornal é plural (facendo amigos no PSdeG) non ten moito de verídico. Só tres pinceladas:
-¿Ceferino Díaz segue no consello de administración de Xornal? Buscade a resposta...
-Mira no cuadernillo de lanzamento o artigo de Xaquín Leiceaga, viceportavoz parlamentario do PSdeG. Que curioso, citano como profesor da USC, cando leva anos e anos sen dar clase.
-Mira a portada de Nadal (no dixital). Noticia de portada: San José en Madrid. No ascensor: Quintana. E no editorial: louvanza a San José por facer país.

Paréceme perfecto que Xornal teña liña ideolóxica, é unha vantaxe e tamén un risco. Sobre todo cando esa ideoloxía na que se apoian é unha formación con 13 deputados nun Parlamento con 75. O dito, un risco.

40 bule bule

Non anónimo...non confundo as cousas. Teño moi claro que é o que hai que defender. Algúns por aquí si que son os que non ó ten tan claro. E como na concesión haxa demasiados apelidos galegos, xa saberemos o que van dicir algúns. Se din isa impresión, pois pido 1000 desculpas.

Imos ver...Primeiro, onde están esas mostras de caciquismo que según algúns son evidentes??? Que eu saiba, o concurso AÍNDA non saíu. Algúen pódeme dicir como se pode dar por feito algo que AÍNDA non ocorreu?? Iso se lle chama poñer a venda antes da ferida. Xa se ve de que pé coxean algúns. Quizáis o que tiña que haber feito o Conselleiro e darlle, así a dedo, algúns Megavatios de regalo a certas persoas. Seguro que algúns dos que están agora poñendo o berro no ceo e algúns medios de comunicación (e miro para Coruña) nin piarían.

Segundo, levo escoitado (e lido) moito sobre certo xornal que apareceu hai pouco...cada un gasta o diñeiro no que lle peta. E para rematar, este é o consello de administración deste diario, que según algunhas mentes privilexiadas é o pago ó BNG polos seus servizos:
http://www.elpais.com/articulo/Gali...

Nel vexo a un tal Ceferino Díaz (deputado do SOE), Victorino Núñez (Ex-Presidente do Parlamento galego có PP, e militante deste partido), Domingo Docampo (que para os que non o saiban, sonou varias veces como candidato so SOE a alcaldía de Vigo), é o resto, non me soan, pero supoño que salvo Javier Rey (fillo do dono), serán escritores e periodistas. E aínda por riba, hai pouco saltou a noticia que unha tal "cuñada de Rajoy" vai ser columnista. Vaia vaia...seguro que todos do Bloque para cantar louvanzas. Pois para ser un "suposto" pago, é bastante pobre, non sí?? Pero seguro que haberá alguén a que lles interese que se crea iso non?? E algúns pican coma pececiños :D

En canto a caciquismo San Tirso, preocúpate máis ben do SOE. A quen nunca lle interesou acabar con el, senón sustituir ó PP no entramado. Senón infórmate dos contactos de Pepiño con Baltar hai 4 anos ou como vai o da fabricación das urnas para a emigración. Seguro que as están facendo con moito amor. ;)

39 san_tirso

qUin non era o gran defensor da transparencia, da equidade e da xustiza social? non era este o que bramaba contra o caciquismo e o enchufismo? ¿de qué se trataban pois aquelas soflamas mil veces repetidas dende a oposición? moi sinxelo: o caciquismo e o clientelismo é malo se o fan os outros. cando o fan eles é bó, é palabra de deuses infalibles.

38 UN

O reparto ainda non foi pero as empresas que van gañar xa montaron un xornal e contrataron xente porque sabén que van gañar.
Adiante BNG Baltar e Cacharro son os pusidores dos record mundiais de enchufismo pero QUin está a punto de batilos

37 anónimo

agora ben, unha cousa é defender e protexer e outra ben distinta pegarse o pelotazo padre como van facer os teus coas concesións eólicas.