Unha bomba electoral

Finalmente, será o BNG quen saque adiante en solitario o novo concurso eólico, un proxecto que ameza con converterse nunha bomba electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A decisión do PSOE non colleu desprevenido ao BNG. A dirección nacionalista xa contaba con esta posibilidade e acusa aos socios socialistas de utilizar a determinados medios de comunicación para atacalos. De feito, na Executiva están convencidos de que é o PSOE, a través do conselleiro de Medio Ambiente, quen está filtrando información a algúns medios. Din que puxeron en marcha a táctica é xogar ao "poli bo", en alusión a Touriño, e o "poli malo", en alusión a Vázquez. "Xa contamos con iso e non imos dar marcha atrás. A ver se vai ser que o xogo voltase en contra deles e o van pagar caro nas eleccións", din dende a dirección do Bloque.

No PSdeG, a versión é ben diferente. Apuntan que este partido non pode participar nin dar o visto bo a unha "falsa amañada polo BNG para favorecer aos intereses dalgúns empresarios". Din abertamente que con diñeiro público se está a financiar un xornal e están convencidos de que o BNG xa ten outras "prevendas amañadas". "Por iso non imos a ser nós quen lle axudemos a facer unha cacicada de enormes proporcións", apuntan dende a dirección desta formación.

A decisión non é precipitada e xa se decidiu dar ese paso logo do primeiro retraso comunicado por Industria. De feito, o propio Vázquez é quen ten asumido, dentro do PSOE, a voz cantante nesta cuestión e se ten reunido, en varias ocasións cos pesos pesados do seu partido. Tamén ten quedado co director da Axencia Galega de Protección Urbanística para falar desta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

31 xiabre

os siareiros do bloque tan sectarios coma sempre ... por certo, nada novo nestes pagos.

será posible que o marxismo-leninismo da upg xa non da para máis. nin alomenos para descubrir que o CAPITAL NON TEN CANCELAS e que da igoal que a empresa sexa daquí ou dacolá. será posible que os iluminados neoesquerdosos_nacionalistas que gobernan e tódolos seus fieis ainda non descubriran que NON HAI EMPRESA GALEGAS, HESPANHOLAS NIN AMERICANAS. ¿qué documento acredita a nacionalidade dunha empresa?

creense posuidores da verdada absoluta e quédanse en listillos do c_arallo...

a seguir desfrutando dos vosos dogmas e da moqueta que o país vai como dios ...

claro que a culpa será dos godos, dos reise catolicos, do aillamento secular, da revolución industrial do XIX, do franquismo, do fraguismo, dos partidos españolistas e, por si acso, de rita la encantaora ...

30 Canido

A min conmóveme tanta inocencia. Inocencia impostada, claro, para rasgarse as vestiduras cando outros fan a cacicada e para aplaudir cando a fai o BNG, porque son os nosos e sempre buscan o mellor para Galicia, polo que todos caladiños, non importan as sospeitas ou a desfeita ecolóxica. Iso si que é deturpar a realidade, ver só o que un quere, coma o señor Lobeira. Claro, mellor unha prensa caladiña e afín, coma o Xornal, que para iso está. Critican a nula independencia doutros periódicos e montan un para que lles ría as gracias. Dixo Quintana que ó que non lle guste un periódico que compre outro. Creo que quería dicir, que monte outro afín.

Se todo fora tan legal e tan clariña, xa estarían repartidos os megavatios, porque a cousa retrásase de carai.
E ó que pide investigación, que lle pregunte a Quintana e ós seus amiguiños.
En canto a que saian so beneficiadas empresas galegas, xa comprobamos todos como Fadesa nos seus tempos (Joven vendeu sen importarlle nada), Caixa Galicia (invertindo en plan heavy en tódalas inmobiliares), Pescanova (patrocinando barquiños extranxeiros na Volvo cunha millonada), Leite Río (que ten contentos ós gandeiros) e todas se preocupan moito desta terra. Temos uns empresarios moi comprometidos, á vista está.
Como postdata, creo que as intencións de Blanco eran boas á hora de artellar o concurso eólico, pero houbo poderes superiores que fastidiaron o reparto máis ou menos xusto. E non falo da Voz ou de Madrid ou de fantasmas. Xa me entende todo o mundo.

29 amoscaesquerdosa

Talvez esta "campañita" contra o BNG faga reflexionar a algúns sobre as posibilidades de manter a independencia de proxecto nun sitema como este.
Cren que xogando coas regras desta sociedade capitalista, dos seus grupos de poder mediáticos, da súa falsificación continua da realidade ("deturpar a realidade")han chegar a cambiar o mundo...
Ver máis en amoscaesquerdosa.blospot.com

28 bule bule

Moi ben...Corrupción no BNG...pois nada, ós Tribunais como calquer fillo de veciño.

Aquí leo cousas gravísimas que supostamente fai o BNG, pero non vexo por ningures, ningunha denuncia "seria". Só pataleos. Xente que entra dicindo (máis ben berrando) cousas do estilo:
"CORRUPCIÓN BNG!! FÓRA CORRUPTOS!!"
Xente que nunca máis volve a entrar por que están moi ocupados poñendo a mesma monserga noutros foros.

O que me chama a atención e que todo isto vai sempre contra un determinado partido político, mentras que dos outros non se din nin mu. E os escandalizados da "corrupción" do BNG, se "esquecen" doutros partidos. E mira que habería onde buscar... Será que están tan ocupados en mirar se os do BNG cando van ó baño tiran da cadea ou non, que non se dan conta que outros lles rouban a carteira mentras tanto :D

Vexamos...ADEGA, os mesmos que cando critican ó SOE ou ó PP son uns iluminados e o brazo armado ecoloxista do bloque e polo tanto non merecen creto ningún?? A ver se nos aclaramos rapaces. Son ou non son de fiar??

E da FEG...a min paréceme que é outro tanto.

E o señor que vai pegando berros sobre que os do bloque van destrozar o noso paisaxe, a nosa flora e non sei que máis....supoño que as plantacións indiscriminadas de eucaliptos que destrozan todo ó seu paso e que foron apoiadas e subvencionadas polo PP, iso foi man de santo, verdade?? Vai o monte rapaz, a ver se debaixo dun eucalipto crece algo máis. Aparte non sei de que me queixo...se o eucalipto é tan galego como os castros. :D

Ou quizáis as concesións hidroeléctricas nos nosos ríos que se se levaran a cabo todas, provocarían un desastre ecolóxico xeneralizado e sen precedentes, iso tampouco sería detrozar o noso territorio. Claro, por que iso o fixo o PP con Fraga e Feijoó ó fronte e se beneficiou certo político do SOE. Menos bágoas de cocodrilo rapaces!!

27 alberto

i sinto...perdinme neste fío...de que ía? demasiado vento...ou de masiado fume! Un, Alucinao, Vistolar, Jaus, Lena, Borja, JavierV, Anonimo, Abraiado, undetal, asfdfas,..unquesabe...en fin bla, bla,.bla...mais de información ZERO ZAPATERO (perdón, PATATERO) datos, datos, datos...senón leria leria leria, LVG tamén a leo eu tódalas mañás e non me aporta nada de nada. DITO