O Supremo anula unha das penas dun preso independentista

O Tribunal Supremo anula a condena por tenencia de explosivos ao que sigue chamando "colaborador de Resistencia Galega", Carlos Calvo Varela, ao entender que "xa foi condenado polos mesmos feitos en decembro de 2014", debido a que, segundo lembra o tribunal, dous actos de tenencia de explosivos temporalmente diferenciados constitúen un só delito se entre un e outro a persoa non foi detida ou imputada.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 14/01/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A sentenza, da que foi relatora o maxistrado Miguel Colmenero, revoga a condena de 7 anos de cárcere que lle impuxo o 15 de abril de 2015 a Audiencia Nacional por delito de tenencia de artefacto explosivo terrorista en relación  cun delito de colaboración con organización terrorista. A  sentencia inicial, de 12 anos, xa fora rebaixada. 

Carlos Calvo
Carlos Calvo

Segundo informa o Tribunal de Xustiza de Galicia nunha nota de prensa, os feitos probados sinalaban que "Calvo Varela fixera chegar unha bolsa cun artefacto explosivo que foi colocada por persoa que non consta nun caixeiro automático de Novacaixa Galicia en Vigo na madrugada do 10 de outubro de 2011, e así mesmo prestou un anaco do seu DNI para que se colocase no mecanismo de apertura do recinto do caixeiro para evitar que a porta se pechase". 

Na sentenza, o Supremo absolve a Calvo Varela ao lembrar que o 23 de decembro de 2014, o mesmo Supremo condenoulle a 7 anos de cárcere por colaboración con banda armada na súa modalidade de tenencia de explosivos. Nos feitos probados daquela sentenza, declarábase que "dita persoa tivera na súa poder explosivos que pretendía entregar a membros de Resistencia Galega o 15 de setembro de 2012 coa finalidade de que fosen utilizados nun atentado terrorista".

O alto tribunal indica que se "Calvo Varela en outubro de 2011 tivo no seu poder explosivos destinados a ser entregados a Resistencia Galega e en setembro de 2012 reiterou esa mesma clase de posesión de tal clase de obxectos, aínda que a conduta intégrese por varios actos temporalmente diferenciados, o delito cometido sería só un".

O Tribunal Supremo xa rebaixara a pena. Así, dictou o 23 de decembro do 2014 unha sentenza na que estimaba parcialmente o recurso de casación interposto pola defensa e o absolvía de pertenza a organización terrorista. Con esta decisión, o Tribunal Supremo rebaixara de 12 a 7 anos de prisión a pena privativa de liberdade imposta pola Audiencia Nacional en maio do 2014.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta