Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/01/2016 | Actualizada ás 10:36
O novo hospital de Vigo volve estar en entredito e, desta volta, pola morte de persoas no seu interior sen causas xustificadas, xa que na madrugada do xoves apareceu un muller morta no medio dun corredor sen que ninguén saiba por que.
A muller, de 49 anos, acudira a visitar á súa nai, ingresada no centro e foi atopada por un traballador do centro. Sen embargo, a Policía Local de Vigo investiga as causas por se existe algún tipo de responsabilidade do propio hospital debido a que a muller puido estar "bastante tempo" tendida no chan sen que ninguén a atendese.
A muller foi atopada no corredor central da planta 0 sobre as 6.25 horas e de inmediato foi atendida no punto e logo evacuada a Urxencias, pero nada se puido facer por salvar a súa vida, informaron fontes sanitarias. Na zona onde a muller foi achada só hai oficinas administrativas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.