Vence deixará a portavocía do BNG na asemblea de febreiro

O actual portavoz nacional aposta por unha dirección "nova" e que se abran conversas con outras forzas para unha gran alianza electoral de cara ás autonómicas. Unha postura que choca directamente coa da UPG, favorable a ir en solitario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2016 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, acaba de abrir un novo debate no Bloque Nacionalista Galego logo do anuncio da súa marcha na Asemblea Nacional que terá lugar en febreiro. Unha marcha que supón, con toda probabilidade, que o vindeiro portavoz nacional sexa militante da UPG ou moi próximo a esta formación.

Vence presentando a lista do Bloque en Avión
Vence presentando a lista do Bloque en Avión

Vence é, xunto cos independentes e o colectivo Abrente, dos que se posicionaron nas últimas semanas a favor de abrir espazos de confluencia con outras formacións, sobre todo, as mareas, para concorrer xuntos ás autonómicas deste ano. Unha posición que o enfrenta, directamente, coa UPG, a formación dominante do Bloque, que insiste en acudir en solitario a estes comicios, a pesar de que corre o risco de desaparacer da Cámara galega se se repiten os resultados das xerais.

O aínda portavoz nacinal do Bloque aposta porque desa asemblea saia unha "nova direción" que aposte por unha estratexia política que "abra o diálogo con diferentes forzas políticas para sumar".

"Como portavoz nacional teño que transmitir que dentro do BNG, neste momento, encima da mesa hai diferentes visións de como abordar esa cuestión", suliñou. "Iso é o que se está debatendo, nese debate cada un temos propostas persoais concretas", sinalou o portavoz nacional, que avanzou que el aposta por "unha estratexia que abra o dialogo con diferentes forzas para sumar" e desta forma conseguir unha alternativa que poida darlle a volta á situación política en Galicia para "consolidar políticas diferentes".

Nese cambio, defendeu que o "nacionalismo" debe ser unha "pata fundamental". Así mesmo, subliñou que o obxectivo da totalidade da militancia é que o BNG sexa visto "como unha alternativa útil" para atopar solucións aos problemas perentorios da sociedade e defender autogoberno.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

O seu anuncio chega logo do Consello Nacional que se celebrou este sábado e que, segundo as fontes consultadas, foi tenso, xa que nel se reproduciron os debates que xa se deron na Executiva e en distintas asembleas comarcais a favor ou en contra de que o Bloque vaia coaligado con outras forzas. Un debate no que a voz da maioritaria UPG, e dos excindidos desta forza, Movemento Galego ao Socialismo, en contra deste pacto, é maioritario.

O propio Vence remitía aos militantes unha misiva na que os instaba a ser “atrevidos” nas Autonómicas para superar os problemas actuais do BNG. Así, animábaos a debater sobre o futuro da formación frontista lembrando que “as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”.

En declaracións aos medios de comunicación durante o Consello Nacional, Vence asegurou que da próxima asemblea "ten que saír unha dirección nova" que "saque adiante" as resolucións ás que se cheguen neste encontro.

"No Consello Nacional estamos a acordar a convocatoria dunha asemblea nacional importante que se dá nun momento crucial e crítico para o futuro do proxecto nacionalista", asegurou para explicar que nela se debaterá "a estratexia do nacionalismo de cara ao futuro", "cuestións organizativas" e faranse "reformulacións a todos os niveis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

7 Sabio Parracho

Que non esqueza a UPG que ten unha débeda de 2 millóns de euros e vai ficar fóra do Paralamento Galego e a CIG e a FORGA xa non poden con todo.

1 propiedadedopartido

Resume: o estado xa non da para todo. A ver o grande candidato de Vigo Serafín experto en forga que ilumine. Por certo a UPg xa leva un tempo maniobrando en certas localidades movendo militantes para apuntalar as suas propiedades ante a vindeira crise, ou anular esta. Ate moven militantes entre localidades limítrofes , de paracaidistas nas xa máis que nunca sucedáneos de asambleas locais.

2 Trocomotxo

O da débeda sábeno ben moitos dos que se foron porque algún deles contribuiu bastante a creala. Ao mellor aínda teñen que axudar a pagala. Así que non cuspan para arriba que o máis probable sempre é que che caia na cara.

6 Antolín o dos cubatas

Despois do resultado electoral, toda a Executiva do BNG e da CIG ( que chamou a votar por NOS caga) tiñan que dimitir de xeito inmediato

1 Afiliadopagador

Antolín ainda levas de tono no mobil a internacional para impresionar aos currelas nas asambleas?. Que cotra farisea, e ainda os hai mais cotras.

5 Venancio Marcos

As conviccións ideolóxicas da UPG fanlle optar pola eutanasia suicida. Non é que sexa unha morte moi digna pero chegada a hora que mais ten. O que debesen deixar escrito nas últimas vontades é se queren enterro ou prefiren a incineración

4 Gamela

Disolución da UPG, é o único remedio! http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Chica,, tu eres estulta

De UPyDeira a PPodremica, "que hace una chica como tu en un fascismo cool, como este". Estulticia pura e dura ou defender os teus privilexios de nena ben filla de latifundistas?. Quén eres ti fachita de medio pelo para decir quén se ten que disolver? Disolvete ti coma bicho, disolve o flower power 15Memo de revolucións de colorins abortado nas cloacas do CNI, e disolve o voso cutre tercerposicionismo fascistoide, de percurar lugares comúns, discursos confluintes (loita contra a corrupción, servizos públicos etc.) que podan asumir tanto nacionalistas galegos coma españolistas, coma esquerdas ou dereitas co fin de facer en pouco tempo un partido hexemonico. O de ciudadanos para agachar a diferencia de clases e ilegal reparto da riqueza, o joseantoniano "no somos de dereitas nin esquerdas", para prohibir toda a disidencia contra a ideoloxía e cultura predominante, a da clase españolista burguesa dominante, mais os seus eunucos e chupapingas.

3 Un de ANOVA

O que faga o BNGUPG non ten importancia ningunha. Son unha seita,un pequeno grupo como un club de tenis. O Pobo Galego vai na Marea.

1 xacobe

Na marea de AGE, que xa non existe ou na marea do grupo parlamentar galego, que tampouco existe, en cal marea?