Vence deixará a portavocía do BNG na asemblea de febreiro

O actual portavoz nacional aposta por unha dirección "nova" e que se abran conversas con outras forzas para unha gran alianza electoral de cara ás autonómicas. Unha postura que choca directamente coa da UPG, favorable a ir en solitario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2016 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, acaba de abrir un novo debate no Bloque Nacionalista Galego logo do anuncio da súa marcha na Asemblea Nacional que terá lugar en febreiro. Unha marcha que supón, con toda probabilidade, que o vindeiro portavoz nacional sexa militante da UPG ou moi próximo a esta formación.

Vence presentando a lista do Bloque en Avión
Vence presentando a lista do Bloque en Avión

Vence é, xunto cos independentes e o colectivo Abrente, dos que se posicionaron nas últimas semanas a favor de abrir espazos de confluencia con outras formacións, sobre todo, as mareas, para concorrer xuntos ás autonómicas deste ano. Unha posición que o enfrenta, directamente, coa UPG, a formación dominante do Bloque, que insiste en acudir en solitario a estes comicios, a pesar de que corre o risco de desaparacer da Cámara galega se se repiten os resultados das xerais.

O aínda portavoz nacinal do Bloque aposta porque desa asemblea saia unha "nova direción" que aposte por unha estratexia política que "abra o diálogo con diferentes forzas políticas para sumar".

"Como portavoz nacional teño que transmitir que dentro do BNG, neste momento, encima da mesa hai diferentes visións de como abordar esa cuestión", suliñou. "Iso é o que se está debatendo, nese debate cada un temos propostas persoais concretas", sinalou o portavoz nacional, que avanzou que el aposta por "unha estratexia que abra o dialogo con diferentes forzas para sumar" e desta forma conseguir unha alternativa que poida darlle a volta á situación política en Galicia para "consolidar políticas diferentes".

Nese cambio, defendeu que o "nacionalismo" debe ser unha "pata fundamental". Así mesmo, subliñou que o obxectivo da totalidade da militancia é que o BNG sexa visto "como unha alternativa útil" para atopar solucións aos problemas perentorios da sociedade e defender autogoberno.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

O seu anuncio chega logo do Consello Nacional que se celebrou este sábado e que, segundo as fontes consultadas, foi tenso, xa que nel se reproduciron os debates que xa se deron na Executiva e en distintas asembleas comarcais a favor ou en contra de que o Bloque vaia coaligado con outras forzas. Un debate no que a voz da maioritaria UPG, e dos excindidos desta forza, Movemento Galego ao Socialismo, en contra deste pacto, é maioritario.

O propio Vence remitía aos militantes unha misiva na que os instaba a ser “atrevidos” nas Autonómicas para superar os problemas actuais do BNG. Así, animábaos a debater sobre o futuro da formación frontista lembrando que “as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”.

En declaracións aos medios de comunicación durante o Consello Nacional, Vence asegurou que da próxima asemblea "ten que saír unha dirección nova" que "saque adiante" as resolucións ás que se cheguen neste encontro.

"No Consello Nacional estamos a acordar a convocatoria dunha asemblea nacional importante que se dá nun momento crucial e crítico para o futuro do proxecto nacionalista", asegurou para explicar que nela se debaterá "a estratexia do nacionalismo de cara ao futuro", "cuestións organizativas" e faranse "reformulacións a todos os niveis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

2 Independentista galego

Os grumetes perderon a brúxula,as ratas abandonan o barco e os capitáns vanse de bareta....

1 Inculto

Meter xente da UPG en Mareas, deixar que se varían desgastando, catalizar ese desgaste. Manter a UPG libre de pactos rodeada como sempre de seudorganizacions para agocharse nun proxeto "plural", esperando. Division-espantada-erosion de Mareas e aglutinamento arredor da UPG dos descontentos, pois a UPG tiña razón e estará limpa e sin mancha. A mesma farsa de sempre para enganar a ese gando diletante que tanto se expulsa, purgase, desprezase por facer caso de cantos de serea ou quitaselle a condición de galegos ou "acollese" como filmó prodigo descarriado de novo no ámbito do partido único. Aimerych di que primero o país e despois as siglas pero iso e so unha distracion para o gando.