Por X.M. Fernández | Ponteareas | 19/01/2016 | Actualizada ás 17:00
O entroido é sinónimo de festa, troula e ledicia e diso saben moito e ben os responsables desta singular empresa. Con máis de 20 anos ás costas e tendo comezado cunha tenda local en Ponteareas, agora ocupa xa máis de 3.000 metros cadrados e di que ten previsto contratar a máis de 60 persoas nestas datas.
Cun catálogo de máis de 15.000 referencias vende agora a España, Francia, Bélxica e Luxemburgo e ten planeado vender nos vindeiros meses a Alemaña e Italia.
Don Disfraz, líder online no sector da venda de disfraces e complementos, espera bater os seus propios records e, tal como xa aconteceu en Halloween, chegar a dobrar as vendas. "Esperamos vender máis de 100.000 disfraces nesta campaña de carnaval" dinos Roberto, xerente da empresa, o que suporá vestir a 1 de cada 4 dos compradores online de disfraces en Carnaval.
Competir con tantos “monstros” do negocio en liña e bazares non é tarefa doada, pero Don Disfraz resiste e medra como empresa sólida no sector no que está tan especializada. Cal será o seu segredo? Posiblemente o gran catálogo e a mestura de intuición, experiencia e bo trato ao cliente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.