Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2024 | Actualizada ás 14:26
A investigación e procura da menor de 14 anos de Ordes, Adriana C.C., cuxa familia denunciou o martes a súa desaparición continúa en marcha, aínda que polo momento non foi localizada. A Garda Civil, que difundiu unha foto recente da menor e apelou á colaboración cidadá, coa petición de que se alguén cre vela chame ao 062, concentra os esforzos na Costa da Morte (en Fisterra e arredores).
O operativo de procura (no que tamén se recorreu á geolocalización do seu teléfono móbil) centrouse desde o mércores en Fisterra, dado de que desde este punto mantería comunicación cunha amiga. Tamén hai constancia, segundo as fontes consultadas, de que se puido desprazar a un municipio próximo da Costa da Morte. Sería nese punto no que se lle perdeu a pista. Os traballos de investigación e de toma de declaracións á súa contorna continúan, aínda que, polo momento, sen que puidese ser localizada.
COLABORACIÓN DE INSTITUCIÓNS
As patrullas e distintas institucións tamén difundiron a fotografía da moza, entre outras o Concello de Cee, que no seu perfil de Instagram colgou unha imaxe da menor, que acompaña cunha apelación a calquera persoa que poida vela a contactar coa Garda Civil. "Adriana, de 14 anos, é orixinal de Ordes, pero as últimas pescudas apuntan a que chegou a esta zona (Cee-Corcubión-Fisterra) en autobús desde Santiago", recolle a mensaxe difundida o pasado mércores.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A moza que denunciou a agresión sexual en Ferrol retráctase ante a Policía
- Fin de semana de altas temperaturas en Galicia: activada a alerta laranxa
- Ferido un condutor tras subirse a unha rotonda e saírse da vía en Burela
- Extinguido o incendio forestal de Carballeda de Avia tras calcinar case 23 hectáreas
- Sanidade chama a doar sangue, especialmente dos grupos A- e 0+
- Detida unha parella en Vigo tras unha pelexa na rúa con acusacións mutuas de agresión