Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/08/2025 | Actualizada ás 21:37
Un condutor resultou ferido este venres tras subirse a unha rotonda co seu vehículo e sufrir unha saída de vía na localidade lucense de Burela. Segundo detallou o 112 Galicia a Europa Press, o accidente tivo lugar na N-642 e, nun principio, o ferido rexeitou ser atendido polos servizos sanitarios. Aínda que finalmente foi atendido na ambulancia no lugar dos feitos. Ata alí desprazáronse Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Burela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.