Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2025 | Actualizada ás 20:25
A maxistrada do Tribunal de Instancia de Cambados praza 3, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do detido este venres na Festa do Albariño de Cambados tras agredir a dúas persoas. Trátase dun mozo de 22 anos que está investigado por lesións agravadas, tal e como explicaron fontes xudiciais.
Doutra banda, segundo relataron fontes coñecedoras do caso a Europa Press, o presunto agresor utilizou unha arma branca para ferir a unha das persoas e un cristal para agredir á outra vítima. Unha das persoas resultou ferida leve e a outra foi derivada a un centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.