Detido o presunto incendiario que prendeu varios lumes en Canibelos, Ourense

O home, de 28 anos, foi sorprendido durante o martes ao tentar iniciar un nesta mesma localización

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2025 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

Un home de 28 anos foi detido como presunto autor de varios incendios provocados nas últimas semanas en Ourense; en concreto, no monte de Canibelos, parroquia de Velle. O tamén veciño do lugar foi sorprendido durante o martes ao tentar iniciar un nesta mesma localización.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, esta identificación foi levada a cabo por axentes forestais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e o Servizo de Prevención e Defensas contra os Incendios Forestais durante a realización dos traballos de investigación e de vixilancia no lugar.

Tras ser identificado os axentes, foi detido pola Policía Nacional e trasladado ás dependencias policiais para tomarlle declaración. Posteriormente, pasou a disposición xudicial.

A actuación levou a cabo no marco dunha investigación conxunta entre a Policía Nacional, a UIFO e o persoal do Distrito Forestal XII, despois de detectar nos últimos días unha actividade incendiaria anómala na zona, con varios lumes reiterados.

O operativo especial de vixilancia, que contou co apoio dun helicóptero do Corpo Nacional de Policía e varios drones da UIFO, permitiu localizar e sorprender o presunto autor no momento xusto no que iniciaba un novo incendio.

Profesionais de loita contra os incendios forestais / ROSA VEIGA  / Europa Press
Profesionais de loita contra os incendios forestais / ROSA VEIGA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta