Galicia non recibirá a ningún dos menores migrantes solicitantes de asilo cuxo traslado empeza a semana próxima

Política Social afea non recibir información e lembra que o Goberno central acumula "meses de atraso" en cumprir a orde do TS.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2025 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Galicia non recibirá, en principio, a ningún dos menores migrantes solicitantes de asilo cuxo traslado empezará a semana que vén con oito derivacións á Península, segundo se comunicou este martes tras a reunión interadministrativa entre os executivos de España e Canarias para o seguimento dos autos do Tribunal Supremo (TS).

En concreto, segundo se trasladou, comezará o luns 11 de agosto; iranse sucedendo de forma semanal e prioritariamente a recursos pequenos, de titularidade estatal, ao longo de todo o territorio. O obxectivo é que no proceso "prevaleza sempre" a "integridade, benestar e interese superior" dos menores. En relación a esta distribución, fontes da Delegación do Goberno na comunidade, consultadas por Europa Press, ratificaron que non está previsto que Galicia reciba a ningún dos menores solicitantes de asilo.

Si terá que acoller a 317 menores migrantes non acompañados como parte do plan de recolocación impulsado polo Goberno central para aliviar a presión nos sistemas de acollida de Canarias, Ceuta e Melilla, a raíz do real decreto de repartición cuxos criterios aplica o Ministerio de Mocidade e Infancia.

"NON RECIBIMOS INFORMACIÓN"

Pola súa banda, fontes da Consellería de Política Social e Igualdade afeou que a Xunta "non recibiu ningunha información sobre o posible traslado a Galicia de menores migrantes non acompañados solicitantes de asilo". Ademais, o departamento que dirixe Fabiola García, consultado por Europa Press, incidiu en que o Goberno central "acumula meses de atraso no cumprimento do ordenado polo Tribunal Supremo". "E a pesar diso non recibimos ningunha información sobre este asunto", resolveu.

Un migrante observa a praia á súa chegada ao Hotel Baixamar de Sanxenxo, a 17 de setembro de 2024, en Sanxenxo, Pontevedra. Elena Fernández - Europa Press
Un migrante observa a praia á súa chegada ao Hotel Baixamar de Sanxenxo, a 17 de setembro de 2024, en Sanxenxo, Pontevedra. Elena Fernández - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta