En Marea e En Comú, a chave para un goberno de Podemos

A coalición galega e a catalá soben en intención de voto, mentres que Compromís baixa lixeiramente, segundo o CIS. Xuntos, coa formación de Pablo Iglesias, superarían ao PSOE, pero non se solucionaría a situación de bloqueo actual. Feijóo di que esta enquisa "coincide" coa que teñen os distintos partidos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/02/2016 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Do 1,63% que acadou nas pasadas eleccións xerais, a un 1,7%. A intención de voto para En Marea crece, segundo a nova enquisa do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), pero pouco. O máis salientable é que as entrevistas se fixeron a primeiros de xaneiro, é dicir, poucos días despois dos comicios do 21 de decembro, cando aínda non se sabía se En Marea tería grupo propio no Parlamento español ou se, como finalmente sucedeu, se integraría no de Podemos.

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.
Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

En Marea non é a única coalición de esquerda rupturista das que se presentaron canda Podemos que medra en intención de voto. En Comú Podem (Cataluña) pasaría do 3,69% ao 4,5%. Porén, Compromís-Podemos baixaría do 2,67% ao 2,5%

Podemos, por si só, apenas crecería do 12,67% acadado nos anteriores comicios, ao 13,2% na nova enquisa. Polo tanto, serían as candidaturas de Galicia e Cataluña, fundamentalmente, as que manterían as esperanzas de Pablo Iglesias de ser presidente do Estado, xa que todas xuntas, máis a valenciana —a única que retrocede lixeiramente— sumarían o 21,9% dos votos, máis que o PSOE, que baixaría do 22,01% que obtivo nas pasadas eleccións até o 20,5% que lle dá o CIS.

O PP, pola súa banda, mantense estable, pasando do 28,72% ao 28,8%, é dicir, os populares non son quen de mobilizar máis voto, pero tampouco perden. O mesmo lle pasa a Izquierda Unida, que pasa do 3,67% ao 3,7%.

No que se refire a Ciudadanos, a formación de Albert Rivera superaría nunha décima a Podemos —sen sumar as candidaturas de Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana—, acadando o 13,3% dos votos, pero baixaría levemente do 13,93% acadado nas eleccións de decembro de 2015.

Datos do estudo do CIS de xaneiro de 2016
Datos do estudo do CIS de xaneiro de 2016

O CIS non ofrece datos dunha candidatura do BNG ou Nós - Candidatura Galega.

Con estes datos, uns novos comicios non mudarían en nada o panorama actual de bloqueo e de incertidume que existe, polo que se presupón que o PSOE e os seus posibles socios terán que chegar a un acordo para a gobernabilidade.

Sobre esta enquisa xa se pronunciou o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo di que coinciden coas que teñen os distintos partidos. “Isto indica que pode acontecer que, quen sexa presidente do Goberno español poida ser o líder da terceira forza política. E isto sería inverosímil”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

2 per

Que maravilla,, extraordinario,,, agora podremos ver a Alexandra na 6ª.. iso vale máis que o ouro.

1 Ana

Parece que o PSOE xa escolleu aliarse coa dereita mais neoliberal. Os dous partidos (PSOE e Ciudadanos) que mais teñen que perder si se repiten as eleccions cada dia teñen mais sintonia, sintonia neoliberal. Ante o xiro a dereita do PSOE, Podemos so pode votar "en contra" dese pacto que traeria mais paro, precariedade, privatizacions, copagos, cesion de soberania a UE... e por suposto agardar novas eleccions. Coas dereitas, o ibex e a troika os de abaixo non temos nada que gañar.