Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/02/2016 | Actualizada ás 10:04
Unha persoa resultou falecida e varias feridas nunha explosión de gas en Vigo, segundo informan fontes policiais.
O estoupido tivo lugar nun domicilio particular da rúa San Salvador contra as 8.50 deste mañá e afectou a varios pisos do número 6 desa rúa.
Varios particulares alertaron ao 112, que mobilizou aos Bombeiros, Urxencias Médicas, Policía Local e Nacional e Protección Civil.
Da fachada da vivenda desprendéronse cachotes que caeron sobre varios vehículos aparcados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.