9.000 visitas e 294 coches vendidos no 15º Salón do Automóbil de Expourense

Foi unha cita organizada entre Expourense e ACAUTO que reuniu a 16 concesionarios oficiais que representaban a 25 marcas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 01/12/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Salón do Automóbil de Expourense consolídase como o momento e lugar preferido polos ourensáns para adquirir un novo coche. Así o demostran os datos de vendas e visitas desta décimoquinta edición que pechou o pasado domingo as portas da súa 15ª edición logo de celebrar a cita dedicada ao Vehículo Novo (a pasada semana) e ao Vehículo de Ocasión (cita desta fin de semana).

Salón do Automóbil-Vehículo Novo (2024). Foto: Prensa Expourense.
Salón do Automóbil-Vehículo Novo (2024). Foto: Prensa Expourense.

Ambos os dous salóns celebráronse durante 6 xornadas de feira que atraeron ata o recinto de Expourense máis de 9.000 visitas que mercaron un total de 294 coches (114 novos e 180 de ocasión). Os organizadores mostraron a súa satisfacción por estes resultados e indican que esta edición cumpriu ás súas expectativas que pasaban por superar as cifras da última edición (265 coches vendidos e 8.000 visitas). Foi unha cita organizada de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. que contou coa participación de 16 concesionarios que representan a 25 marcas.

A cifra de vendas ascenderá nos vindeiros días, xa que é frecuente que se pechen, durante esta semana e a próxima, operacións comezadas nestes salóns. A esta cifra hai que engadir tamén os 108 coches vendidos durante a última edición do Car Outlet organizada tamén entre Expourense e ACAUTO e celebrada no pasado mes de abril.

SORTEO CON BONO DE DESCONTO DE 6.000 EUROS

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volveu poner en marcha o sorteo, entre aqueles que mercaron un automóbil durante o salón, un bono desconto por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de venda do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia. A.C.A.U.T.O. realizou este martes 26 de novembro o sorteo entre as papeletas que cubriron os compradores e a entrega do bono desconto terá lugar o luns 2 de decembro no concesionario que tivera vendida o coche cuxo cupón resulte premiado.

VINDEIROS EVENTOS EN EXPOURENSE

A vindeira cita en Expourense será o mes de decembro coa celebración da sétima edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo, e do quinto Congreso Internacional de Turismo e Deporte que terán lugar no recinto feiral os días 12 e 13 de decembro.

Estes dous eventos darán paso xa á actividade deportiva na pista curta de atletismo que albergará esta tempada unha vintena de campionatos e competicións entre os que destaca o Campionato de España de Atletismo Sub-16 Short Track que se celebrará entre o 15 e o 16 de marzo de 2025. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta