Por Carlos González Armada | Vigo | 16/02/2016
Breogan Riobo, SG de Podemos Galicia decide opoñerse ao criterio do Consello Cidadán Estatal (CCE) e comeza a realizar unha serie de convocatorias de círculos coa escusa de consultar ás bases, cando na realidade nunca o fixo e sempre participou desa política do dedazo, que el mesmo practicou.
Dimiten dez membros do Consello Cidadán Autonomico (CCA) enfrontados a Riobo, e con iso conseguen que o CCA non teña quorum, (10 dimitidos, mais 9 que xa estaban suman 19 de 35, mais da metade), polo que queda disolto de forma automática o CCA, e Madrid que non quere que toquen o seu pacto de EnMarea, (ao cal se opoñía Riobo), toma as rendas e retira todos os privilexios de SG a Riobo, nomeando un equipo tecnico onde se inclúen o senador Garcia Buitron, (un dos dimisionarios que forzan a disolución do CCA), Noemi Martinez, (dimisionaria que forza a disolución do Comité de Garantías), ou Nicolas Legido por Vigo, que nin era o SG, nin é a quen correspondería ese posto por xerarquía (debería de ser, en todo caso, Óscar Gonzalez).....aínda que ao meu entender ese comité tecnico poderíase designar, ou ben por votación dos inscritos, ou ben ser xente mais tecnica para conseguir unhas rápidas primarias.
Devandito isto e postos en antecedentes, creo que xa chego a hora das bases, na minha opinion creo que tanto xogo de tronos é infumable, creo debe de ser convocada unha asemblea xeral de forma inmediata para que os inscritos, o pobo, as bases,......os que deben decidir digan que queren, e se se fan eleccións internas, eu entendo, e creo que podo falar en nome de Bases Podemos Galicia tamén, que nesas eleccións internas NON DEBERIAN DE PARTICIPAR por ética, nin Anton Gomez Reina, nin Breogan Riobo, nin tampouco ningún deputado ou senador electo, nin cargo orgánico algún saínte do anterior.
CCA......NINGUN............deberían de dar a oportunidade de que savia nova, outra xente con ganas de facer as cousas distintas, puidese acceder aos cargos orgánicos de Podemos Galicia, xa que eles demostraron ser incapaces de dirixir a nave con democracia interna, trasparencia e participación, preceptos irrenunciables de un proxecto cidada, preceptos fundacionales de Podemos.....e a mesma receita, entendo, debería de aplicarse para os Consellos Cidadáns Municipais.....Podemos Galicia foi unha estrutura débil neste período pasado, se de verdade queremos un Podemos forte en Galicia deben de deixar paso ás bases do partido, aos inscritos que teñan ganas de dirixir a nave con outro rumbo, deben de deixar paso a savia nova, a aire fresco, senon e asi se me antoxa que a larga vainos a ir moi mal.