Tregua de lumes en Galicia? Caen as hectáreas queimadas no 2024, ata a menor cifra da serie histórica en período de alto risco

Galicia rexistrou 2.592 hectáreas queimadas no que vai de 2024, o que supón un descenso en comparación coas 6.748,9 hectáreas de 2023 (con datos definitivos). As 1.785 ardidas no verán supoñen a cifra máis baixa na serie histórica en período de alto risco (xullo, agosto e setembro).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2024 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 2.592 hectáreas queimadas no que vai de 2024, o que supón un descenso en comparación coas 6.748,9 hectáreas de 2023 (con datos definitivos). De feito, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou que as 1.785 ardidas no verán supoñen a cifra máis baixa na serie histórica en período de alto risco (xullo, agosto e setembro).

Na súa comparecencia a petición propia no Parlamento galego, debullou houbo que 105 incendios (lumes superiores a unha hectárea) entre xaneiro e outubro, o número máis baixo na última década, que calcinaron 2.133 hectáreas. A isto súmanse 595 conatos (74,5 hectáreas) e as queimas que supuxeron 385 hectáreas. A conselleira sinalou que estes resultados "non son malos", pero traballarase para alcanzar a cifra de "cero" lumes e hectáreas. Ademais, asegura que serán "implacables" na persecución de incendiarios.

Veciños colaboran nos labores de extinción do incendio, a 12 de outubro de 2023, en Vidal, Trabada
Veciños colaboran nos labores de extinción do incendio, a 12 de outubro de 2023, en Vidal, Trabada | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta