"Golfa insaciable” ou “me follas todita”... Anuncios habituais na prensa galega

Os medios de comunicación tradicionais de Galicia, desde La Voz de Galicia ata o Atlántico Diario, publicitaron ou publican nuncios de sexo que, segundo o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, son “denigrantes” para a muller.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Responsable, guapa e un pouco puta". Era parte da oferta laboral sexista para ser camareira nun bar de Ordes que aparecía nunha coñecida web de anuncios e que foi duramente criticada pola maior parte dos medios de comunicación de Galicia. Sen embargo, eses mesmos medios utilizan e potencian anuncios sexistas e de contactos sexuais para facer caixa.

Anuncios de contactos e sexo nos grandes medios
Anuncios de contactos e sexo nos grandes medios

No caso de Ordes, a organización sindical de UXT denunciou xa a situación á oficina de Inspección de Traballo e Seguridade social. Para a asociación sindical, a oferta, xa retirada do portal Web, atenta contra a dignidade da persoa.

Sen embargo, non pasa o mesmo cos anuncios de contactos de sexo ou prostitución que aparecen publicados nos grandes medios. De feito, a pasada semana os votos dos deputados do Partido Popular botaron abaixo unha iniciativa de AGE na que se solicitaba, precisamente, a suspensión das axudas públicas aos medios de comunicación que anuncios de contactos e ofertas de prostitución.Dest xeito, curiosamente, o PPdeG votou en contra do que aprobara no Parlamento en 2012, pero que non cumpriu.

Segundo o informe “Os anuncios de sexo de pago na prensa galega. Análise do contido e análise do discurso”, realizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia (CPXG), todos os medios de comunicación tradicionais de Galicia conteñen anuncios de contido sexual, aínda que a súa presenza non é homoxénea nos distintos medios galegos. Existen dous xornais que destacan especialmente na presenza deste tipo de publicidade, polo que representan cada un arredor dun 30% do total de anuncios recollidos na mostra. Estes dous medios coinciden cos de maior difusión en Galicia: La Voz de Galicia (un 32,87% do total dos recollidos) e o Faro de Vigo (un 26,68% do total). Estes dous xornais xuntos copan máis da metade dos anuncios de sexo de pago recollidos na mostra do CPXG (en concreto, un 59,54%).

Pola súa banda, en El Progreso foron recollidos un total de 89 anuncios (11,25% do total) e en La Región, 85 (10,75%). Tamén en El Correo Gallego, no que se recolleron 49 anuncios, a presenza destes anuncios é do 6,19% do total; no Diario de Pontevedra, un 4,93%, no  Atlántico Diario (0,76%) e La Opinión de A Coruña (1,52%).

Os anuncios de contactos de sexo son habituais nos medios escritos
Os anuncios de contactos de sexo son habituais nos medios escritos

Segundo o informe, os anuncios deste tipo son oferta de sexo de pago (os mais abondosos), os anuncios de demanda de sexo (gratuíto ou retribuído); a publicidade de locais onde se exerce a prostitución e os anuncios de sexo telefónico.

Demandas

As demandas presentadas ante os Xulgados do Mercantil sobre publicidade sexista son pouco habituais. Non obstante, sentou precedente a sentenza dun xulgado de Málaga que condenaba a Ryanair por publicidade ilícita e desleal por unha campaña na que aparecían azafatas en bikini e nunha clara postura sexual. A xuíza recollía que a compañía aérea irlandesa empregaba o corpo feminino como obxecto e que “non existe suposto máis claro no que deba aplicar a normativa”, xa que “se observa unha absoluta desconexión entre a imaxe empregada e o produto que se promove, a venta de billetes de avión”.

Unha das primeiras é unha sentenza de 1992 do Xulgado de Primeira Instancia de Ibi que condenaba a unha marca de xoguetes por un anuncio de marcado carácter sexista, xa que ofertaban por un lado exclusivamente bonecas e utensilios para a casa e a cociña para as nenas e xoguetes de exterior ou relacionados con profesións para nenos. Esta sentenza serviu de base para moitas resolucións do Xurado da Publicidade en reclamacións relacionadas con anuncios de xoguetes.

Sen embargo, polo momento, non hai ningunha sentenza que prohiba a publicación de anuncios de sexo en xornais e revistas.  Curiosamente, a finais do pasado ano, o Goberno de Rajoy anunciaba que tentará negociar cos medios de comunicación o impulso de códigos de autorregulación sobre a inserción de anuncios de contacto, así como a concienciación dos xornalistas sobre o tratamento das novas sobre a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

A imaxe das mulleres

“A imaxe da muller nos medios concibese desde un punto de vista androcéntrico no só pola súa visión puramente xenital, senón tamén pola representación tradicional das mulleres como obxectos que proporcionan pracer aos homes, convertendo a este tipo de discurso pornográfico nunha instancia de opresión e de lexitimación das desiguais relacións de poder”, recolle a este respecto o informe do CPXG.

Isto reflíctese na listaxe detallada dos “servizos” que se ofrecen, facendo uso dun marcado argot sexual. Alúdese ás felacións de distinto tipo con termos como “chupadas huevos”, “eyacula en mi boca” ou “garganta profunda”, pero tamén se poñen á venda co nome de “francés”, “francés inigualable”, “francés a dos lenguas” ou “francés bebido”, mesmo ofrecendo como un servizo máis calquera destas prácticas sexuais sen protección, con ofertas como “francés sin” ou “francés a pelo”.

O sexo anal ofértase coas prácticas de “griego profundo”, “griego a tope” ou “supergriego”, e tamén en combinación co sexo vaxinal con “doble penetración” ou “por delante y por detrás”.
Aínda que en menor proporción, ofrécense outras tipoloxías sexuais como a estimulación anal con “beso negro”, a práctica do “sexo peludo” ou “sexo velludo”, a práctica da urofilia con “lluvias doradas” ou da coprofilia coa “lluvia negra”. En moita menor proporción menciónanse os “besos lengua”, “69”, “vibradores”, “consoladores”, “sexo a ciegas” ou técnicas sado como “mordazas, esposas, fustas, látigo”.

Fronte a esta linguaxe tan explícita coa que describir as prácticas sexuais, segundo o estudo,
utilízase outro tipo de linguaxe” máis evocadora e suxestiva para referise á capacidade de sensualidade e ao poder irresistíbel das mulleres, alimentando o imaxinario sexual dos homes e creando expectativas moi diferentes en cadaquén”.

Esta linguaxe comprendería expresións que van desde “supersensual”, “sabrosa”, “semilla jugosa” ou “la dueña de tus sueños prohibidos”, até “conejito goloso”, “ardiente como el fuego”, “fiera en la cama” ou “multiorgásmica”. Con moita asiduidade inclúense cualificativos que participan de asuncións fondamente pexorativas sobre as mulleres, como “superviciosa”, “hembra viciosa”, “ninfómana”, “ninfómana profesional”, “folladora compulsiva”, “golfa insaciable”, “super tragona”, “adicta al sexo”, “caliente”, “cachondísima” ou “me encanta chupar”.

Tamén a explicitación constante da procedencia das mulleres podería entenderse como un elemento que engade morbo. Segundo este informe, atópanse descricións do tipo “morenita brasileña”, “hembraza argentina”, “venezolana” ou “¡Cubanas!”. Como elemento diferenciador, no caso de mulleres galegas, adoita unirse a descrición da procedencia xeográfica a outros cualificativos como “elegante”, “educada”, “señorita con clase”, “alto standing” ou “gallega auténtica”. Nalgunhas poucas ocasións, porén, particípase de estereotipos obsoletos como “galleguita” ou “galleguiña”.

Por iso, nas conclusións deste estudo sinálase que os anuncios poden servir como mecanismo de opresión e de desiguais relacións de poder e que presenta a explotación sexual como motivo de goce tamén para as mulleres”. En última instancia, engade, “isto contribúe á devaluación e deformación da visión da sexualidade”.

Críticas aos medios

Deste xeito, engade, a publicidade de compravenda de corpos e prácticas sexuais podería, nalgún caso, servir como vehículo para o desenvolvemento de actividades de proxenitismo e explotación sexual, decote ligada tamén a prácticas de explotación laboral, se cadra maiormente no caso das mulleres inmigrantes.

Por iso, acusa á prensa de ser “intermediaria indispensábel” na prostitución, sobre todo na que se exerce de forma encuberta e “discreta” en pisos, que por outra parte, “é a forma de
prostitución menos molesta á vista da sociedade, pois non incomoda a visión das prostitutas nas rúas, nin as luces de neón dos bordeis á beira da estrada”.

Ademais, critica duramente á prensa tradicional por incorrer así na hipocrisía de publicar noticias sobre desarticulación de redes que se publicitaban a través dos anuncios por palabras dos xornais. E, neste caso, lembra como a pesar de publicar amplamente a desarticulación de bandas que traficaban con mulleres en pisos da Coruña, evitan facer referencia a que estes mesmos pisos “pisos Gatitas” e “Etiqueta Negra” da Coruña, tiñan anuncios nos xornais desa cidade; La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña e El Ideal Gallego.

“Naqueles casos nos que a prensa publica algunha noticia sobre a desarticulación de tramas de prostitución que escravizan mulleres e que atraían clientes a través dos anuncios de sexo publicados nos xornais (como neste caso da Coruña, ), a actitude hipócrita e intereseira da prensa galega tórnase máis flagrante”, apunta. 

Anuncios de contactos e de prostitución nos grandes medios
Anuncios de contactos e de prostitución nos grandes medios
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Peral

A información está totalmente manipulada. Non hai máis que ver as fotos. Son de hai 20 anos e de ningún xornal galego. Estou dacordo coa denuncia que se fai, pero manipulando consíguese o efecto contrario, pérdese credibilidade. O Colexio de Xornalistas é un órgano político integrado nas Mareas. Non somos tan parvos. O seu presidente é un dos principais promotores das confluencias.

1 23nkl

Como estades os pepeiros dos medios comprados. Como doe que se digan as verdades, non?. Pois a roelas...

2 Ertert

E logo negas q josito e rivas (este cando esta sobrio) son os cabecillas principais?

3 Ao colexio vas ter que ir ti

Josito é do sector intelixente do BNG , que cada vez escasea máis. O Rivas é da Marea Atlántica. Por certo, a túa falta de respecto cara a esa persoa retrátate. Non creo que haxa ningúen que lea estas palabras que non sinta admiración por M Rivas, un escritor que che pode gostar ou non, pero que como persoa merece sempre un 10. Atento, cercano, intelixente...

4 sesese

Non sabia eu eso, ta ben.

1 Furriolo

Este artigo ten doce anos: http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=...

1 Xana

Non é que teña doce anos, é que indica que desde hai doce anos ningún goberno fixo nada por eliminar este cancro dos medios. Así que canto máis se lembre e se escriba sobre isto, aínda millor. Aí está o informe do Colexio de hai pouco para deixar a algún medio coa cara branca. Vese que hai que telos a todos contentiños con cartos públicos.