Primeiro documental sobre Manuel María

“Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra” está dirixido pola académica Margarita Ledo (Santa Liberdade, A Cicatriz Blanca, etc.) e producido por Nós Productora.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 22/02/2016 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

O xoves 25 ás 20:30 a produtora Nós presenta o primeiro libro-DVD adicado ao homenaxeado das letras galegas 2016, Manuel María. “Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra” preséntase o xoves 25 de febreiro en NUMAX (Compostela).

Capa e contracapa do DVD do documental sobre Manuel María
Capa e contracapa do DVD do documental sobre Manuel María | Fonte: Nós Productora Galega

A obra  dividese nun libro con textos escritos por diferentes persoas e un documental onde a

través da voz do propio Manuel María a directora Margarita Ledo presenta a vida do escritor en todas as súas facianas.

O traballo por unha banda é un libro “A propósito de Manuel” con textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e Margarita Ledo e pola outra, un documental en formato DVD onde, a partires da voz do propio Manuel María, fai unha homenaxe a Manuel, ao seu contorno máis próximo, á súa extensa obra e ao seu activismo político.

Se algo transmite Margarita Ledo nas verbas que lle adica no libro e tamén no documental que fai é a amizade que lle uniu ao coñecido como “poeta da terra”, destacan dende produtora Nós.

Manuel María
Manuel María

A presentación do proxecto, ao que lle seguirán outras en cidades e vilas galegas, terá lugar o xoves 25 en Santiago de Compostela ás 20:30 en Numax. Numax é tamén a responsable do deseño gráfico do produto que estará a venda en librarías especializadas, nas tendas Rei Zentolo e na web de Nós.

Margarita Ledo Andión
Margarita Ledo Andión | Fonte: Youtube
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xoana

que interesante