Noriega di que o diálogo co BNG segue aberto para unha gran coalición electoral

Pontón insiste en que non se pactará con Podemos ou Esquerda Unida e critica as opinións de Aymerich por anunciar que marcha do BNG para construír "unha nova casa común" dos nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/02/2016 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

As mareas non lle pechan a porta ao BNG. O iso é, cando menos, o que mantivo este luns o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que suliñou que segue aberta a posibilidade de falar sobre unha posible confluencia para as eleccións autonómicas, aínda que a nova dirección da formación frontista sexa contraria a pactos con forzas estatais.

Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta
Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta

“Non se pode pechar ningunha opción de confluencia, aínda que parece que o resultado da Asemblea do BNG sinala un camiño que dificulta unha alianza para os próximos comicios”, suliñou en declaracións aos medios.

Por iso, suliñou, é partidario de "deixarlle tempo á nova dirección para que comece a funcionar” e, dese xeito, “permitir testar se hai vontade ou non de seguir aumentando o espazo de acumulación de forzas".

Noriega, foi un dos centos de militantes que abandonou o BNG no ano 2012, e agora é coportavoz de Anova, unha das formacións xurdidas das escisións producidas tras a Asemblea do BNG en Amio. 

Con todo, esta posibilidade é moi difícil xa que a nova portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu a rexeitar a posibilidade dunha gran fronte con Podemos e Esquerda Unida porque non se imaxina, dixo, "compartindo papeleta con forzas do ámbito estatal que actúan cun centralismo importante", dado que "Galicia non pode ser satélite, senón un centro de referencia, planeta".

Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega
Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega | Fonte: BNG

Críticas a Aymerinch

Nunha entrevista na Radio Galega, Pontón criticou ao exportavoz parlamentario desta organización política Carlos Aymerich, por anunciar que deixa a formación nacionalista. “Todo o mundo ten cabida", dixo ao lamentar que quen queira marchar sexa unha persoa que ostentou postos de responsabilidade.

Así, insistiu en que a XV Asemblea aprobou lanzar unha candidatura aberta tamén a colectivos, persoas ou organizacións do ámbito nacionalista, porque "entendemos que temos que pór a Galicia no escenario político".

Carlos Aymerich desexoulle, na noite do domingo na súa conta oficial de Facebook, sorte en xeral, "a Ana Pontón e demais xente da UPG e do Movemento Galego ao Socialismo (MGS) que quedan" e apunta que "o resto dos nacionalistas... a traballar para botar ao PP da Xunta e construír unha nova casa común. Comezamos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Argimiro da Revireta

os deuses cegan aos querem perder

4 Gamela

ANOVA arrima a Podemos e chega á Alcaldía de Santiago + Coruña + Ferrol // Agora seica quere arrimar ao novo BNG e ver se chega á Xunta de Galicia (?) // Pode ser... ?

3 GZ3

O tema é manobrar ao estilo de Podemos con IU en Madrid parar destruir a organización. Con "amigos" así ninguén precisa inimigos. O das mareas é pan para hoxe e fame para mañá, e acabarán en moi pouco tempo destruidas polas grandes contradicións internas, son diferentes elementos pegados con cola. Adiante o BNG.

1 DESPERTAR

A ver si despertais un pouco no BNG. e deixar de chorar tanto. Maior tomadura de pelo do Sr. Iglesias non é nin comparabel, con aquelo de decir o da "Boina" e "Birrete" do PP, Os do birrete deixan facer cacicadas aos da Boina, pero o poder o ten os do birrete e se fai o que digan os do Birrete. Esto mais o menos e o mesmo. O Sr. Iglesias emrpega ao nacionalismo para gañar votos (Beiras and company) mais agora de criados do Sr. Iglesias. E o BNG "dalle que che pego" co da "decision na Galiza". Que non, o importante e ter poder. Agora tendria o BNG 2 o 3 deputados, e si quere gobernar o tal Sanchez, que fale co "tio Paco Rodriguez". E os Galegos a casi sen barrer.

2 Héctor Sánchez

Declaracións dos lideres políticos Martiño Noriega, Ana Pontón e Carlos Aymerich a respecto da Asemblea do BNG, e das posibilidades futuras da esquerda nacionalista e non nacionalista. De todos modos, o BNG reafirmou o seu camiño solitario con medio partido votando por unha apertura na liña de Tareixa Paz e Carme Adán, e 210 persoas apoiando a emenda a totalidade presentada por Abrente que se decanta por "unha nova casa común"

1 Héctor Sánchez

Respostome eu. "Xa non é que o BNG sexa máis pechado senón que ten dentro moita oposición a esta pechazón."

1 per

Que falsedade agora resulta que os do BNG son bos,,,pero cando van de segundons, sabendo que eran malos cando en Amio vos quedastes de segundons e non se aceptou a democracia pola vosa parte,,,e ademais fixestes unha union con EU_Podemos que rexeitaba ao BNG e non queriades que fora un partido instrumental,,, pero agora si os queredes ficticiamente (postureo) xa que queredes que carguen coa culpa de si non chegades ao goberno da xunta,,, precioso.Curioso que en Madrid pase ao reves e sexa Sanchez quen vos poña no berete de votalo a el ou que sigua o PP cargandovos aos de Podemos a culpa de que eles siguan,pero vos o que queredes e dar sorpasso en Madrid e eliminar en Galicia ao Bng, sodes maravillosos,, totalitarios pero maravillosos claro con dous lideres mesianicos aqui e ali.Sodes unha superminoria listisima que domina unha maioria pasiva xa que circulos , horizontalidade, tomas de decisión etc foron unha mentira, ao final é a cupula de listos e ricos a que esta no poder.