Chaman aos galeguistas de Compromiso por Galicia a resistir “no seu castelo da Frouxeira”

Un membro da Executiva local de Compromiso por Galicia (CxG) critica duramente aos militantes desta formación que "a cambio de fáciles postos nas candidaturas políticas" queren "traizoar" a esta formación.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/03/2016 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

César Pazos, membro da Executiva local de Compromiso por Galicia (CxG) en Vigo acaba de publicar un artigo no GCAberto no que fai un símil co considerado último gran nobre galego e anima a esta formación a “resistir no seu castelo da Frouxeira ideolóxico”.

Candidatura de CxG nas pasadas eleccións municipais en Vigo
Candidatura de CxG nas pasadas eleccións municipais en Vigo | Fonte: CxG

A través desta sección aberta a lectores e asociacións, Pazos di que ese peche ideolóxico serviralle a CxG “para darse tempo a medrar e espallarse por toda Galicia”. Unha clara alusión a necesidade de non converxer con ningunha formación e presentarse só as vindeiras autonómicas.

Por iso, tamén utilizando metáforas, critica aos “os novos Rois Cafanos de Valedouro que pretenden a destrución ate os cimentos de Compromiso, como no seu tempo fixeron co Castelo da Frouxeira, a cambio de fáciles postos nas candidaturas políticas dos novos lanceiros das forzas que veñen polo Padornelo co capitán Mudarra ao fronte”. Unha clara alusión ao sector deste partido que aposta pola súa confluencia coas mareas tal e como, ademais, recollen nun manifesto.

“Os galegos que non teñan fe nas capacidades propias de Galicia deben abandonar este novo Castelo irredento da Frouxeira que é Compromiso por Galicia (CxG), sen miserables traizóns”, apunta neste artigo que se pode ler íntegro no GCAberto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

13 Luisa López

Pérez Bouza quérovos ser deputado vendendose ao Reis castellanos de Podemos

12 Fiz de Cotovelo

CxG teñen de socialdemócratas xa o que ten Feijoo de comunista. Empezou sendo un interesante proxecto de galeguismo transversal que fuxía de radicalismos, pero pouco a pouco foi espantando aos militantes progresistas.Hoxe son un reducido grupiño de xente cun discurso galeguista baleiro de contido, rancio, mitómano e mesmo dereitoso. Nin sequera se atreven a presentarse ás eleccións cando ven que non hai nada que rascar e ninguén os quere para aliarse nin a esquerda nin dereita. Ata os de TeGa, que son o máis parecido a eles xa,renegaran deles despois das autonómicas. E as alcaldía que acadaron, a maioría de chiripa, debéronse ao tirón dos seus candidatos locais (o de Vilar de Santos sacaría o mesmo indo polo Partido Comunista, e o ególatra maior do reino Cuiña goberna cun pacto de perdedores pois gañar gañou Crespo) Acabarán reducidos a unha irrelevante secta mitómana adicada a poñer flores en panteóns nos días da patria e pouco máis

11 supergaiteiro

Eu nunca vin cousa igual , cargos de CxG facendo a cama a CxG e dando publicidade a Marea e Podemos isto nun partido serio estarían na rúa suspendidos de militancia por deslealtade os militantes e afiliados e o da agrupación local de Compostela xa non ten nome, ainda que era algo que xa se vía vir e quen quixo poñerlle freo foron insultados e difamados. O contó e que os tempos son chegados e xa se lles caeu a careta .

10 Ex- UG

Acho que é un erro histórico que CxG acabe no medio da coalición radical En Marea. Ideolóxicamente non ten cabida. Uns son antisistema, CxG é reformista. Uns están contra a economía de mercado, CxG está a favor. Uns son ou independentistas ou de Madrid, e CxG non é independentista nin ten a dirección en Madrid. Non ten sentido ningún nin se entende, mais que por derrotismo e que persoas intenten "estar na pomada"... CxG desaparecería dentro de En Marea. Non faría o programa, non marcaría a liña política...o mesmo erro que cometeu Unidade Galega entrando no BNG-UPG. Eu xa vou vella, e non aprende este País.

9 Comprometido

Compromiso crease para ser un partido transversal, aberto, dialogante e con vocación de maioría ante o desacordo coa liña gañadora do nacionalismo galego en Amio. O actual sector esencialista-oficialista-resistencialista de que fala? De "Rois Cafanos", "Frouxeiras", "Mudarras" señores feudais, traidores, castelos, e outras cousas medievais. Faltan as princesas e os unicornios. O camiño é outro.