Chaman aos galeguistas de Compromiso por Galicia a resistir “no seu castelo da Frouxeira”

Un membro da Executiva local de Compromiso por Galicia (CxG) critica duramente aos militantes desta formación que "a cambio de fáciles postos nas candidaturas políticas" queren "traizoar" a esta formación.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/03/2016 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

César Pazos, membro da Executiva local de Compromiso por Galicia (CxG) en Vigo acaba de publicar un artigo no GCAberto no que fai un símil co considerado último gran nobre galego e anima a esta formación a “resistir no seu castelo da Frouxeira ideolóxico”.

Candidatura de CxG nas pasadas eleccións municipais en Vigo
Candidatura de CxG nas pasadas eleccións municipais en Vigo | Fonte: CxG

A través desta sección aberta a lectores e asociacións, Pazos di que ese peche ideolóxico serviralle a CxG “para darse tempo a medrar e espallarse por toda Galicia”. Unha clara alusión a necesidade de non converxer con ningunha formación e presentarse só as vindeiras autonómicas.

Por iso, tamén utilizando metáforas, critica aos “os novos Rois Cafanos de Valedouro que pretenden a destrución ate os cimentos de Compromiso, como no seu tempo fixeron co Castelo da Frouxeira, a cambio de fáciles postos nas candidaturas políticas dos novos lanceiros das forzas que veñen polo Padornelo co capitán Mudarra ao fronte”. Unha clara alusión ao sector deste partido que aposta pola súa confluencia coas mareas tal e como, ademais, recollen nun manifesto.

“Os galegos que non teñan fe nas capacidades propias de Galicia deben abandonar este novo Castelo irredento da Frouxeira que é Compromiso por Galicia (CxG), sen miserables traizóns”, apunta neste artigo que se pode ler íntegro no GCAberto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 militante

Coidado coas exclusións e co aprobeitamento dos verdadeiros representantes das esencias do partido. Ese foi o camino emprendido polo BNG e os resultados están á vista. É unha irresponsabilidade buscar protagonismo á conta de dinamitar o partido. CxG deberá de ser un parido inclusivo e aberto a todos os que queiran traballar por Galicia. Os resavios de maneiras aprendicas no BNG non conducen máis que ao fracaso colectivo.

1 Almáciga

En CxG non hai verdadeiros gardiáns de esencias. Estás errado. Hai localidades onde a militancia fai traballo político porque CRE en Compromiso e está comprometida cun novo xeito de facer galeguismo. E hai localidades onde NON se cre e se frena a actividade de CxG, como por exemplo A Coruña ou o secretario local de Santiago de Compostela, que está mudo e o partido sen Executiva Local desde hai medio ano por obstrución del. Agora xa foi e a ver o que quere ser ou non ser a militancia. Por qué foi parar a CxG tanta xente que non sente para nada o que significa CxG? Inceribel

7 Domingo Guitiriz

Con 3 años de vida a los de Compromiso no se les puede pedir nada. Son de los pocos que nacieron, creen en el partido y lo están haciendo bien. Sí hay gente de CxG que le gusta la Marea o el PSOE, deberían abandonar Compromiso y asunto resuelto. No veo el problema.

1 Almáciga

En CxG non hai verdadeiros gardiáns de esencias. Estás errado. Hai localidades onde a militancia fai traballo político porque CRE en Compromiso e está comprometida cun novo xeito de facer galeguismo. E hai localidades onde NON se cre e se frena a actividade de CxG, como por exemplo A Coruña ou o secretario local de Santiago de Compostela, que está mudo e o partido sen Executiva Local desde hai medio ano por obstrución del. Agora xa foi e a ver o que quere ser ou non ser a militancia. Por qué foi parar a CxG tanta xente que non sente para nada o que significa CxG? Inceribel

6 Ximena

CxG + Terra Galega = máis de 30.000 votos, 5 alcaldías (Narón, Coristanco, Muros, Lalín e Vilar de Santos) e case 80 concelleiros. Prefiro mil veces máis unha coalición entre ambas formacións antes de que se integre nunha candidatura lidera por Podemos que inda por riba, é un auténtico polvorín apiques de estoupar.

5 nostrus

Sea como fuera el nacionalismo es una enfermedad mental que provoca alucinaciones y mania persecutoria, se inventa enemigos y se desorienta en el espacio y en el tiempo. Tiene unos sintomas victimistas parecidos a los de los anorexicos que siempre se veran gordos aunque esten flacos y que son capaces de pasar por el quirófano para dejar de ser españoles aunque no lo den conseguido y por lo que estan condenados al sufrimiento eterno.

1 Montesío

Pois deixa de selo.

4 HIsolina

Hai que ser pringados. Non pode haber nada máis patético que pensar que ese chiringo de CXG era algo máis que a plataforma dun cacique do centro de Galicia para pillar poltrona. Unha vez pillada, o demais non importa nada.