Temas: FUXIDAS

Conta atrás para a Feira do Viño de Quiroga

O Concello de Quiroga prepárase para dúas semanas de actividades relacionadas coa gastronomía, o viño e o deporte e ir quentando así motores de cara á Feira do Viño que terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo.

Por GC Tendencias | Quiroga | 14/03/2016 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

Comezan as actividades previas á XXXIV edición da Feira do Viño de Quiroga. O pasado sábado día 12 tivo lugar a reunión de confrades da Confraría do Viño de Quiroga na Casa do Concello onde foron recibidos polo alcalde para o posterior desfile ata o Museo Etnográfico, lugar escollido para a cata dos viños aspirantes a participar na feira.

Imaxe Feira Viño Quiroga
Imaxe Feira Viño Quiroga

E esta semana, a partires do xoves 17 e ata o venres 25 terá lugar o “Quiroga de Tapas”, concurso local de tapas que organiza o Concello de Quiroga e a Asociación Provincial de Empresas de Hostalaría do sur de Lugo. Nesta 5ª edición participan 20 negocios e ofreceranse interesantes premios para os participantes que completen o circuíto e cubran o “tapacartón”. Un total de 12 premios que van dende una asignación en metálico ata estancias en balneario, aloxamentos e ofertas gastronómicas en establecementos da Ribeira Sacra e produtos típicos da zona. O negocio que acade o premio á mellor tapa será premiado con 100 € e unha placa conmemorativa. 

E na recta final antes dos días grandes o 5º Torneo de Fútbol Sala “Feira do Viño” que se celebrará do 21 ao 24 de marzo con importantes premios para os 4 primeiros clasificados.

Cartel do concurso de tapas
Cartel do concurso de tapas
Pregón da Feira do Viño de Quiroga
Pregón da Feira do Viño de Quiroga
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta