A Xunta autorizará a ampliación da gran balsa de lodos tóxicos da planta de Alcoa

Ecoloxistas teñen denunciado que é unha bimba e ilóxica

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2025 | Actualizada ás 21:54

Comparte esta noticia

A Xunta autorizará nas próximas dúas semanas a autorización para a ampliación da balsa de lodos vermellos da planta de Alcoa en San Cibrao -- en Cervo (Lugo)--.

Así o trasladou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, no encontro mantido este luns con representantes do comité de empresa e alcaldes da zona da Mariña.

Tras finalizar a reunión, as partes informaron aos medios que a Administración autonómica comprometeuse a que a autorización para ampliar a balsa sexa ditada na primeira quincena de febreiro.

Como recolle un comunicado da Xunta, Lorenzana subliñou a importación desta ampliación, que superou en outubro o trámite de impacto ambiental, para unha infraestrutura "crave para a actividade do complexo industrial".

O encontro entre a responsable da área económica no Goberno galego e os traballadores de Alcoa prodúcese unha semana despois da firma do protocolo subscrito entre o Goberno central, a Xunta, Alcoa e Ignis para o futuro da planta mariñá.

Durante a reunión, Lorenzana defendeu que a Xunta tramitou "a totalidade" dos parques eólicos asociados á factoría pero que se atopan paralizados pola xustiza.

Neste sentido, reclamou a convocatoria "urxente" da mesa de seguimento de Alcoa, na que a Xunta "seguirá reclamando" o cumprimento dos investimentos comprometidos no acordo de viabilidade asinado en 2021, no que a multinacional estadounidense prometeu a construción dun forno de ánodos.

En declaracións aos medios difundidas tras a reunión, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, coincidiu na importancia de que se convocque este órgano "o máis axiña posible", á vez que valorou a data achegada pola Xunta para que a ampliación da balsa reciba luz verde definitiva.

Vista área da balsa de lodos da factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo
Vista área da balsa de lodos da factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo | Fonte: ALCOA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta