Por Carlos González Armada | Vigo | 21/03/2016
Esta circunstancia é totalmente penosa desde o momento en que esas persoas que teñen certo alcance de comunicación, (grazas a deus moi pouco), son as que no canto de promover a honestidade e a verdade, o que promoven é a mentira, a manipulación e o odio....a parte do dialogo e a comprensión queda en parte moi profunda da súa conciencia
Este tema é unha das materias pendentes da democracia Española, aprender a debater e a disentir sen difamar, manipular e mentir, aprender a argumentar e aprender a respectar á outra parte, saber que podes ter razón ou non, pero que todas as opcións, todas as opinións, teñen parte boa e parte mala, que non existe a verdade absoluta, e que todos temos dereito a opinar, e a pensar distinto
O día que podamos dicir que aprendemos a debater con respecto, ese dia poderemos dicir que a democracia habra madurado, ese dia poderemos sentirnos todos membros dun mesmo pais con dereito a pensar, e con liberdade de exprrsarnos sen risco de ser agredidos por persoas radicais que lles importa pouco a verdade, a mentira, ou o dano que poidan causar, sen risco de que esas persoas queiran converterse no teu inimigo só polo feito de pensar diferente....nese momento teremos unha democracia sa, unha democracia de verdade