É o “partido instrumental” a solución para En Marea?

Beiras defende esta ferramenta para evitar quedar sen grupo parlamentario propio nunha eventual repetición das xerais. Con todo, esta vía pode resultar insuficiente para algúns actores e demasiado para outros.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 17/03/2016 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A aposta de ANOVA para avanzar na consolidación da confluencia da esquerda é un partido instrumental. Así o deixou claro onte Xosé Manuel Beiras nunha Asemblea Aberta celebrada en Compostela.

Beiras nunha asemblea aberta de ANOVA
Beiras nunha asemblea aberta de ANOVA

O líder de anova argumenta que con está fórmula sería imposíbel que En Marea quedase sen grupo propio no Congreso, como sucedeu desta volta. O veterano político lembrou que no pacto entre ANOVA, EU e Podemos Galicia do que xurdiu En Marea xa se prevía a creación dun partido instrumental. Foi o atraso nas negociacións o que impediu a configuración do mesmo e que En Marea se presentase finalmente como unha coalición.

Agora ben, que é exactamente un “partido instrumental”? En realidade, non se trata máis que dun xogo de palabras. Na lexislación española non aparece recollida esta figura. Trátase só dunha denominación popular nos últimos anos entre os movementos de esquerda que implica a formulación dun partido político tradicional como ferramenta legal pero meramente formal para artellar electoralmente un movemento político. 

Noutras palabras, a inscrición do partido En Marea no Registro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior non suporía a disolución dos outros partidos que fixeran parte del. Iso si, os prazos e formalidades para constituílos son maiores que os dunha coalición electoral, motivo polo que precisamente non chegaron a tempo de constituílo antes do 20D. 

“Pasado o prazo, só se podía inscribir como coalición de partidos, e colleron ese pretexto para negarnos o grupo parlamentario, verdade? ¿Somos parvos ou queremos evitar que isto nos pase outra vez? Non ten máis importancia que esa”, argumentou Beiras ao fío das dúbidas expresadas por varios cargos de Podemos Galicia sobre convertir a En Marea nun partido.

En particular, Beiras fixo referencia as declaracións da deputada de Podemos por Pontevedra Ángela Rodríguez; pero lembrou que o número dous estatal, Íñigo Errejón, declarou que non lle ve problema á solución do partido instrumental. Con todo, cómpre lembrar que Podemos Galicia está en pleno proceso de primarias e que polo menos un dos candidatos, Breogán Riobóo, non está moi pola labor de repetir a coalición de En Mara nos mesmos termos.

Se a algúns militantes de Podemos Galicia a solución do partido instrumental lles pode parecer demasiado, a outros axentes interesados en entrar na confluencia pode resultarlles insuficiente. Cómpre lembrar que o Encontro Cidadán por unha Marea Galega -a plataforma que colaborou no nacemento de En Marea- aspira a que da confluencia naza unha organización de militancia individual, non que se permita -como sucede por exemplo no Bloque- que haxa dobre militancia, con partidos dentro dunha ‘organización paraugas’ ou fronte. Outros axentes, como o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mostráronse a favor do partido instrumental.

Mentres a esquerda debate que solución formal a adoptar, no Registro do Ministerio do Interior a denominación de En Marea segue sen rexistrar, o que abre a porta a que calquera a 'okupe'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Chindasvinto

S, sii

6 son expaña

son instrumento, si pero instrumento de expañol... son cipaios colonizados por waldo das jons, tutankamon expañol, monedeuros e demais sartrapias serviles e seniles (o vello -vieiras) e por ahi algun alucinado do -vieirismo decindo de -vieiras presidente... non presidente non... sinvergonza e golfo que o vimos todo no parlamento... e o mamarracho do parlamentiño, que e o que é, non sei de que daba clases o fulano este, o que pintaba na universidade pois a xente do comun ten mais educación e cultura que este señor... e non me vale a disculpa de que confundiu as pastillas vermellas do tarro vermello coas azuis do tarro azul...

1 Comunista

Que os trolls a soldo do BnG faledes de SIPAIOS cando a estratexia da vosa organización está completamente condicionada polos vosos pufos millonarios coa banca española, é de traca. Pero tamén que faledes de SIPAIOS cando agora xa unicamente exercedes de cans de présa do Pp-PsoE-C´s contra as Mareas é esperpéntico. Pero sobretdo, que os trolls a soldo do BnG faledes de SIPAIOS cando lle organizades fastos laudatorios á BRILAT-OTAN en Pontevedra, é cando menos lamentábel. Se querdes facer algo por Galiza, desaparecede caladiños.

5 invasion de alienixenas

ESTANSE MATANDO EN PODREIROS!!!!! - o profesor black Errejon xa desapareceu, xa o liquidaron.... vai ser o novo monedeuros, estan caendo moitas cabezas, existe conpetencia entre o age e podreiros por ver quen fai mais disparates, anque o gran paiaso do parlamentiño galego sigue gañando moitisimos puntos polos desbarres que ten... a situación e terribel... a nova e o age son o lixo a escoura que podreiros non quer, podreiros galicia posto que podremios expaña quere o age, agora chamado merdeya, tratan de seguir enganando o pobo galego, decindo que son de Galicia, cando son alienixenas expañois son putos seres -

4 Ana

De partidos coma Podemos e as mareas agardaria que apostasen por un rexime novo e por un modelo de estado novo. E coma moitos cidadans xa racharon con España (sobre todo en Catalunya) a saida o problema territorial e social esta na Federacion Iberica. Cando un proxecto fracasa (guerras civis, dictaduras, oligarquia, paro, corrupcion, desigualdade, etc) hai que crear algo novo para non repetir os mesmos patrons. Por iso hai que mudar España por Iberia. Hai que mudar a UE por Iberoamerica, o euro por unha moeda iberica, o neoliberalismo por unha economia do ben comun, monarquia por republica federal, monolinguismo por plurilinguismo, un ensino que forme cidadans criticos e potencie a creatividade, fomentar a participacion da cidadania na politica e noutros ambitos, etc.

3 Ana

Eu recomendarialles crear un partido diferenciado de Podemos sobre todo si non queren que lles pase factura os problemas internos de Podemos de cara as proximas eleccions. E o programa dese partido non deberia ser outro mais que a ruptura co rexime do 78 para abrir un proceso constituinte que nos leve a Republica Federal Iberica, con separacion de poderes e representatividade, posibilidade de revocar cargos electos e repensar as relacions coa UE. Ademais no caso de Galiza potenciar os nosos sectores economicos, atraer talento galego emigrado, a defensa da lingua, unha banca publica galega e unha tarifa electrica galega.