Teatro do Noroeste presenta "Palabras Malditas" en Vigo

A representación, protagonizada por Miguel Ínsua, Sara Casasnovas e Luma Gómez, terá lugar o vindeiro venres, 1 de abril, ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo.

Por GC Tendencias | Vigo | 28/03/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Afundación continúa coa súa oferta de teatro en Vigo para a que presenta, nesta ocasión, a obra Palabras malditas de Eduardo Alonso e a cargo da compañía Teatro do Noroeste.

Teatro do Noroeste representando Palabras Malditas
Teatro do Noroeste representando Palabras Malditas

Esta obra forma parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e novas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.

A entidade presentará mañá, ás 11.30 h, na sala de conferencias do Teatro Afundación de Vigo, Palabras malditas nunha rolda de prensa que contará coa presenza, por parte de Teatro do Noroeste, de Eduardo Alonso, autor e director; Imma Antonio, actriz; Luma Gómez, actriz; e María Teresa Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.

A obra narra como Clara Campos, unha renomeada poetisa, regresa a España para recibir un importante premio das letras. Á súa chegada confesa nunha entrevista o seu gran segredo: unha parte da súa poesía, a publicada baixo o pseudónimo de Vicente Rincón, é en realidade de Vicente Rincón, un poeta descoñecido e represaliado nos anos máis escuros da posguerra española. Naqueles tempos complicados o seu salón era un fervedoiro de cultura e creatividade. Mais un día Vicente foi detido e Clara fuxiu a México levando consigo as poesías de Vicente, que iría publicando ao longo dos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta