Unha película recuperará a historia da fusilada comunista Amada García

A muller, embarazada, foi axustizada por defender á República en Ferrol. Atresmedia dirixirá esta produción na que participarán, entre outros, Juan Diego, Asunción Balaguer ou Willy Toledo.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 30/03/2016 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O Castelo de San Felipe de Ferrol converterase, a partir do próximo mes de xuño, no escenario principal dunha película que lembrará a historia de Amada García Rodríguez, militante comunista natural de Mugardos (A Coruña), fusilada na fortaleza hai 78 anos.

Amada García Rodríguez, fusilada no 36 en Ferrol
Amada García Rodríguez, fusilada no 36 en Ferrol

Baixo o título de 'San Felipe', a longametraxe producida por Atresmedia estará inspirada na historia desta muller detida, sometida a un simulacro do Consello de Guerra e condenada á morte, estando embarazada. Todo por defender ao goberno da República tras o golpe de estado de 1936. Foi  fusilada no Castelo de San Felipe en 1938, despois do nacemento do seu fillo.

O director e guionista da cinta será Jorge Núñez, que este martes mantivo unha reunión co alcalde da cidade, Jorge Suárez. "Queremos que o cinema conte a historia desta heroína galega. Viñemos a pedir unha pequena colaboración ao Concello e tamén os permisos de rodaxe", explicou Núñez.

A cinta contará con actores coñecidos como Juan Diego, Asunción Balaguer, Willy Toledo ou Enrique Escudero. De feito, o director acudiu ao concello acompañado de Toledo, recoñecido antifranquista e militante de esquerdas.

O pasado 27 de xaneiro, día do aniversario do fusilamento, varios membros da corporación municipal realizaron xa na fortaleza unha ofenda floral para lembrala e tamén alí Jorge Suárez avogou pola necesidade de que "as novas xeracións coñezan estes feitos".

O director Jorge Núñez e varios actores co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, falan sobre 'San Felipe', o filme sobre a vida de Amada García
O director Jorge Núñez e varios actores co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, falan sobre 'San Felipe', o filme sobre a vida de Amada García | Fonte: ferrol.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Amada Toimil

Soy Amada Toimil Nieta de Amada Gracia. Yo no soy para decir lo que ustedes tienen que publicar o no. Eso si decirles que este señor Jorge Nuñez se presenta como el justiciero y reparador de los crímenes de la guerra civil. Yo como heredera de Amada Gracia exijo que se contrasten las noticias antes de publicarlas. Este "señor" no tiene ni idea de la historia de mi abuela. Conoció a mi padre poco antes de morir Quiso aprovecharse de un hombre herido en el alma por su desgraciada historia para sacarle información. Menos mal que yo estaba allí y vi la clase de personaje que era. No se ha contado para nada con la familia. Ahora juzguen ustedes si este hombre esta legitimado parahacer una película sobre mi abuela. Gracias

1 Jorge Nuñez

Estimada señora Amada Toimil, la lucha por rodar esta película viene ya desde hace 25 años, y no solo narra la historia de Amada, también la de todos los republicanos asesinados en el castillo de San Felipe. No solo conozco la historia de Amada, también la tremenda represión que sufrió la comarca de Ferrol por los golpistas Por circunstancias de la vida, viví a principios de los 80 en el castillo de San Felipe, y tuve acceso a los archivos militares y civiles durante los tres años del genocidio Franquista. Si me entreviste con su padre Gabriel Toimil, y me quedé esperando una documentación que usted nunca me envió. No soy un justiciero, soy un cineasta que ha recibido amenazas de muerte, detenciones ilegales, y torturas por querer rodar una película. Sin contar una huelga de hambre. No entiendo, como siendo hija de Amada García Rodriguez, puede estar encontrar de un homenaje a su figura. Salud y revolución

4 Jalopín

Actores e actrices de aquí nada. Todo fora do Padornelo, é o que ten e o que apoia os xacobinos de IU en Galicia. Que fariamos sen España, os galleguiños somos parviños.

3 Topacho

Suso Basterrechea: Recuperou os retratos de Franco dos almacéns do Torrente Ballester ( que quere restaurar, aínda que non de primeiros: http://www.diariodeferrol.com/artic... ) e Rosa Méndez quería exhibir a estatua do Cabezón Golpista ( Camilo Alonso Vega ), no Torrente Ballester

2 Tucho Calé

Sen contar, para nada coa familia de Amada para documentarse, pero eso ós dous que fuman na bañeira impórtalles pouco, con saír nunha foto con Willy Toledo, xa lles vale ós REBELDES.

1 Un mugardés

Erros sobre Amada García, e moito aproveitado