Alfonso Rueda di que quere ter "as mellores relacións posibles" co goberno de Milei

Visita a Feira de Emprego, onde reivindica o pasado emigrante de Galicia e di que o noso país "abre os brazos" a aqueles que queiran retornar.

Por Europa Press / Redacción | Bos Aires | 07/03/2025 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou este xoves que o "máximo interese" da Xunta é "ter as mellores relacións posibles" co Goberno arxentino, algo que lle trasladou ao xefe do Gabinete de Ministros da Nación Arxentina, Guillermo Francos.

Rueda reuniuse este xoves con Francos, unha das citas da súa viaxe a Arxentina, país co que pretende "seguir mantendo a boa relación institucional de sempre". O titular do Executivo galego expúxolle a Francos os obxectivos da súa viaxe e as circunstancias actuais de Galicia, así como os intereses que unen aos dous territorios. "A presenza aquí de galegos sempre vai ser algo decisivo e algo que inflúa moitísimo nas decisións que tomamos desde a Xunta", sinalou.

Alfonso Rueda comentou que na reunión abordáronse tamén as posibilidades que se abren agora con Mercosur tanto para Galicia como para Arxentina.

FEIRA DE EMPREGO

Durante esa mesma xornada, o presidente visitou tamén a Feira de Emprego, onde explicou que case 1.000 persoas pasaron polas instalacións da Xunta para buscar información sobre as posibilidades de empezar unha nova vida en Galicia. "Por suposto sen romper as raíces co seu pobo, con Arxentina, iniciar unha nova vida na terra dos seus antepasados", indicou.

Sobre isto, destacou que Galicia "abre os brazos" a aqueles que queiran retornar. "Fomos terra de emigración. Os galegos hai moitos anos foron acollidos aquí e puideron empezar unha nova vida. E con iso axudaron a construír a Galicia próspera que temos agora. E agora esa Galicia potente, que creceu e que necesita seguir crecendo, dilles que teñen unha oportunidade", destacou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello do 3 de marzo de 2025 / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello do 3 de marzo de 2025 / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se non lle regalan unha motoserra non ten nada que facer... Claro que logo non se queixe de que veñan por cobrar a axuda da Xunta aos Retornados e ao cabo dun ano volvan coller o avión para Arxentina, Uruguay, Venezuela... É un misterio ver como se abren cafeterías con sudamericanos detrás da barra (eu me pregunto de onde sacan os cartos para asumir os custes de montar un negocio e pagar salarios...?) Cómpre darlle unha voltiña aos "Retornados"