Defende que cada presidente autonómico é "libre" para as súas decisións: "Outra cousa é se estou totalmente de acordo ou non, pero non é o caso", di.
  comenta   1
As exportacións galegas ao país austral van á alza e alcanzan case 130 millóns en 2023, aínda que están lonxe dos 483 millóns en importacións.
  comenta   0
O líder do PP acusa ao presidente español de "exportar" de España a imaxe da corrupción. Non tardaron en responderlle numerosos chíos en redes lembrando a súa amistade con Marcial Dorado.
  comenta   0
O PP lamenta que non o trasladen aos grupos antes de comunicalo en rolda de prensa e o BNG empraza a coñecer o texto. Rueda teme polos galegos na Arxentina e urxe "desescalar" a tensión.
  comenta   0
Preguntado sobre porque a súa interlocución co Goberno arxentino fora a través dun subsecretario de Pesca, dixo que falou coas persoas con "capacidade de decidir" todo o relacionado coa política pesqueira arxentina.
  comenta   0
O Goberno de Milei tamén ignora á Xunta e ao PP na visita de Rueda a Arxentina. Rueda só se reunirá cun cargo residual do Goberno arxentino, o subsecretario de Pesca de Arxentina.
  comenta   0
O presidente da CEOE critica que "moitos dos acordos" aos que chegan co Ministerio de Traballo "ás veces non se cumpren".
  comenta   0
“Qual de nós pode, voltando-se no caminho onde não há regresso, dizer que o seguiu como o devia ter seguido?” (Livro do Desassossego, Fernando Pessoa).
  comenta   0
"Creo que temos aquí unha turista, que vén desde Madrid a dicirnos o que temos que votar os galegos por se non nos decatamos", afirmou, na tarde noite deste xoves en Vigo, Ana Pontón.
  comenta   0
O BNG presentou unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno nas que traslada as "inquietudes" do sector relativas á actuación do novo goberno arxentino, que seguen "con preocupación", en referencia á posible implantación dunha taxa ás exportacións ou a liberalización das licenzas de pesca.
  comenta   0
O candidato do PSdeG á Xunta apuntou que o ministro Óscar Puente estará en Vigo este venres para dar conta de boas noticias e que os xornalistas poderán preguntarlle sobre "máis traxectos e máis prazas".
  comenta   0
As principais empresas afectadas serán Iberconsa e Nova Pescanova, xunto con outras como Wofco, Grupo Profand, Vieirasa, Gandón e Viedamar que terán que pagar entre 50 e 250 millóns de euros coa suba do imposto de exportacións.