Un concelleiro de Narón lembra a II República poñendo unha bandeira diante da porta do concello

Di o que fixo en homenaxe “aos que loitaron por defender a legalicade” republicana.

Por Galicia Confidencial | Narón | 15/04/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O concelleiro de Esquerda Unida de Narón, André Abeledo, quixo lembrar este 14 de abril, día de proclamación da II República, colocando unha bandeira republicana na porta do concello “en homenaxe os que loitaron por defender a II República e a legalidade”.
"Este é un acto de homenaxe e xustiza para todos aqueles Alcaldes e Concelleiros da época que logo de ser escollidos polos seus veciños e veciñas democraticamente, foron paseados e asasinados simplemente por defender as súas ideas", dixo Abeledo durante este acto simbólico.

O concelleiro de EU en Narón, André Abeledo, cunha bandeira republicana diante da porta deste concello
O concelleiro de EU en Narón, André Abeledo, cunha bandeira republicana diante da porta deste concello

“Entendemos que é preciso lembrar o acontecido e non seguir escondendo a verdade e aqueles que nos acusan de querer reabrir feridas esquecen que nunca foron pechadas, de que ninguén pediu perdón, esquecen que as fosas comúns seguen cheas de semente dun pobo que quería ser libre", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Sacabeira

Hai lembrárlle ao Sr Concelleiro de Narón que foron os seu compañeiros do PCE que achantaron e bicaron a monarquía dos Borbóns continuadora da España centralizadora e franquista sen Franco. Moi lonxe de combatela. Era o propio PCE a finais dos 70's que ordeaba aos seus servizos de orde en asembleas e manifestacións que prohibiran aos asistentes facelo enarbolando a bandeira da II República (República burguesa por certo). Só os nacionalismos periféricos e o anarquismo e antifascismo lle fixeron fronte á neodictadura das oligarquías. A memoria non pode ser tan selectiva

2 nostrus

Posiblemente este tipo no tiene ni pu-ta idea de lo que fue la segunda republica, porque de lo contrario se avergonzaria de conmemorarla ya que fue una tomadura de pelo de los politicos hacia el pueblo que no habia pedido la republica e incluso hubo un golpe de estado frustrado para implantarla (golpe de Jaca). Durante los cinco años que duro hubo varios intentos para destruirla, aunque solo lo consiguió el general Franco y sus compinches, tubo varios golpes de estado, varias revoluciones (enero y diciembre del 33, octubre del 34), inumerables asesinatos, ajustes de cuentas. En fin fue la época mas tortuosa de la historia de España y todos los partidos politicos colaboraron para que asi fuera.

1 Sesese

E todo pose. Seguro que si se lle pregunta algo daquela republica, non ten nin idea

2 xDDDD

ostia nostrus, controlas de todo canto hai!! tes chistes para todo fenomenoo!!

1 Galego

"Yooooo soy español, español, español" :/

1 galegoexiliado

Yo soy español, español y evasor. Yo soy evasor, evasor y español. Yo soy español, español, de panamááááá.