Utilizaban o coñecido como timo do sicario. Hai máis de 300 víctimas. Case 200.000 euros foi desviado a República Dominicana.
En marzo de 1938 a situación semellaba desesperada para o exército republicano. A ofensiva dos sublevados de Franco obrigaba a grandes retiradas no leste peninsular. Foi entón, cando o presidente da república barallou un plan que tería cambiado a historia de Vigo e de Galicia.
Ramón Villares destaca que o Sempre en Galiza é unha obra que segue viva porque ofrece un futuro de esperanza. O director da Sección de Historia cualifícaa como o testamento no que Castelao deixa constancia da loita política e cultural da súa xeración, galeguista e republicana
  comenta   1
Aínda que ningún pais de peso no mundo americano o recoñeza, o ditador Maduro tomou posesión do cargo de presidente da república facendo un alarde de control da situación neste pais americano. Polo que os membros da oposición gañadores das eleccións atópanse nunha situación de certa indefensión, pois o sucesor de Chavez non deixa de encadear á xente que é disidente, e aspira a manter as súas pretensións totalitarios de gobernar ate levar ó pais á ruína total.
  comenta   0
O relatorio político que o BNG aprobará na súa Asemblea Nacional apela á formación a continuar acumulando forzas e a prepararse para asumir o liderado político e institucional do país, conscientes da "gran corrente de ilusión e simpatía" xerada ao redor da organización. "O nacionalismo non ten teito", recolle.
  comenta   2
O sábado é o día de mercado en Ribeira. A vila convértese nun bule-bule de xente que ven dende as distintas parroquias: un ir e vir na praza do peixe, a xente entre os postos de roupa e de froita e verdura na feira; as compras para a semana nos supermercados, recados varios na mercería ou no zapateiro ou simplemente dar unha volta para ver o ambiente e tomar un café ou un viño.
  comenta   0
O monumento de Marcos Escudero situado no muro sur do primeiro recinto da fortaleza do Castro apareceu con esvásticas nazis.
Publican un repositorio aberto con 130 entradas sobre programas radiofónico. A primeira das audicións data de 1932, durante a Segunda República, mentres que a máis actual é dunha radio catalá en 2018.
  comenta   0
Efectivamente, tal como afirmamos no enunciado desta colaboración, aquela institución xurídica e territorial, que elixía os seus cargos representativos por sufraxio universal en tempos de monarquías absolutas, semellaba ser unha lenda. Coa decida intervención duns amigos evitamos que o que podería derivar nun conto da tradición oral é hoxe unha páxina histórica na súa acepción canónica.
  comenta   0
A Coruña celebrará o 19 de xuño unha Festa pola República coincidindo co 10º aniversario da coroación de Felipe VI como monarca español.
Trátase de Baldomero Vigil-Escalera, o máis novo dos fusilados en setembro de 1939. As probas de ADN foron posíbeis grazas á colaboración dunha sobriña, Pilar, que en novembro pasado se presentou no IMELGA, en Verín.
En apoio ao pobo saharauí para conmemorar o 27 de febreiro, día no que se proclamou a República Árabe Saharauí Democrática hai 48 anos.
  comenta   0
Trátase de familiares de Mariano Blanco González e de Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, que xa avanzaron que se prestarán ás probas de ADN para contrastar cos restos que se conservan no IMELGA.
  comenta   0
Justo Beramendi analiza os anos de formación, durante a II República, nos que o autor defendeu como líder estudantil unha universidade galeguizada e modernizada e foi un membro moi activo do Partido Galeguista. Uxío Breogán Diéguez: “Foi o deseñador da reconstitución do Partido Galeguista na clandestinidade, xunto a outras figuras como Xaime Illa Couto e Ramón Piñeiro”.
  comenta   0
Formoso cre que Pontón trata de "ocultar" a Rego porque representa ao "BNG de verdade", o que "pedía para Galicia unha república independente".
  comenta   0
A selectividade deste 2023 mantén o modelo de preguntas establecido desde a pandemia da covid, é dicir, cunha maior optatividade á hora de responder.
  comenta   0
O presidente da Xunta afirma que o pobo galego se sente "parte" da nación española. Manuel Baltar asegura que a Constitución é un "texto que aluma a democracia" española.
  comenta   0
O deputado do Bloque no Congreso rematou expresandose en galego e reclamando unha "república galega libre" en contra da monarquía "anacrónica e corrupta"
  comenta   0
Entrevista Francisco Martínez “Quico” foi guerrilleiro antifranquista. Nunha conferencia organizada pola Asociación Arco da Pomba en Foz, falou sobre o que foi o movemento guerrilleiro antifranquista despois do golpe de estado de 1936. A súa vida transcorreu entre a loita contra o franquismo dentro e logo no exilio. Formoi parte da Federación Guerrilla Galicia-León. Co tempo acabou exiliado en Francia de onde volveu cando xa estaba xubilado. Considera que non se fixo xustiza tantos anos despois e quen tiña poder con Franco segue a telo hoxe en día en todo o Estado.
Os organizadores en Galicia destacaron o "éxito" de participación e resaltaron a boa resposta da cidadanía a unha iniciativa realizada "case sen publicidade e sen respaldo económico".
  comenta   0
En todo o Estado foron máis de 700 os puntos de votación desta consulta que os seus promotores reivindican como "unha vía de expresión, participación cidadá e un acto democrático".
  comenta   0
Tamén sinala que "o goberno local comprometeuse a aplicar as conclusións deste informe, que tardou demasiado en facerse público, e votou a favor da moción presentada pola Marea Atlántica con este fin".
  comenta   0
Di que fomentará “a formación teórica constante da militancia mediante lecturas, charlas e seminarios obrigatorios” e no exterior participará “con todos os métodos de combate que aconselle a situación da loita de clases en cada momento”.
  comenta   2
O goberno da república de Grecia acordou prohibir a partir de decembro aos non vacinados entrar en restaurantes, estadios, cinemas, teatros, ximnasios e edificios públicos. Todo isto simplifícase, en opinión dalgúns tertulianos ou comentaristas, no clásico: 'Trata como che traten'.
  comenta   0
O relatorio político aprobado polo Bloque fala de soberanía nacional, Estado soberano e República da Galiza, aínda que evita utilizar o termo “independencia”. Con todo, o propio relatorio insiste na súa colaboración con ERC e Bildu para lograr a “autodeterminación dos pobos e a soberanía da Galiza”.
  comenta   12
"Que este lugar se explique e se coñeza con toda a súa historia", dixo aludindo á escritora Emilia Pardo Bazán, pero tamén ao papel do pazo durante a etapa franquista.
  comenta   1
O Movemento Arredista tamén aposta por unha República Galega, pola autodeterminación e por aprender do procés catalán para emanciparse do Estado "superando ambigüidades que poidan confundir ao colocar unha eventual reforma estatutaria como aspiración da Fronte".
  comenta   1
O arousán reconstrúe o asasinato da feminista Hildegart Rodríguez a mans da súa nai cunha obra presentada no festival DOC. España.
  comenta   0
En xuño de 1934, un grupo de nenos e nenas de varias escolas de Carballedo emprenderon unha viaxe única. Foi, como a versión galega da mítica novela de Jules Verne. Podería titularse: " A volta a Galicia en sete días"
Hai uns días uns reporteiros da tele, saíron á rúa na capital do reino e preguntáballe á xente si sabían ou coñecían a determinados persoeiros que foran ministros e presidentes no tempo da 2ª república.
  comenta   0
As eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foron determinantes para a proclamación da republica: a pesar de que os monárquicos habían logrando un resultado destacado en votos, as máis importantes cidades do Estado quedaban en mans dos republicanos.
  comenta   0
"José Darriba Puente , o fillo da Licha. Memoria dun fusilado (1917-1937)". Ese é o libro que acaba de escribir Alicia Garrido. Unha obra que honra a memoria do seu tío avó e documenta un capítulo moi triste da represión fascista en San Clodio de Ribas de Sil.
  comenta   0
Hoje não está aceite impor a censura governamental dos mídia, que na Espanha foi um recurso frequente incluso em tempos da República de 1931, nem se pode acudir ao auxílio da mensagem cristã, sempre disposta a colaborar com o poder, para difundir a «verdade» oficial que deve ser propalada para que seja assumida polas mentes da cidadania, mas não por isso a «veritas hispana» da indissolúvel unidade da nação espanhola, entendida como soberania única e indissolúvel, carece de valedores menos potentes e abundantes recursos: os meios de comunicação tradicionais: rádios, televisões, jornais impressos, a grande maioria dos jornais digitais, os partidos políticos da transição, junto com Vox, e um tropel de jornalistas que se encarregam de instruir a cidadania sobre a verdade que deve imperar em cada caso.
  comenta   0
'Un biolo na noite' recibiu o I Premio de Microteatro da Memoria. Recolle a historia do último rexedor republicano de Tui escondido nun zulo na súa casa tras a Guerra Civil.