Feijóo evita falar da II República no 90 aniversario da súa proclamación

PSdeG e BNG enxalzan os valores republicanos e lembran o Estatuto do 36.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O 90 aniversario da proclamación do II República adquiriu presencia este mércores na sesión de control da Cámara galega, da man dos líderes de PSdeG, Gonzalo Caballero, e BNG, Ana Pontón (quen puxo o foco no Estatuto do 36), aínda que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, evitou calquera referencia á efeméride.

Pleno do Parlamento de Galicia durante a sesión de control ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
Pleno do Parlamento de Galicia durante a sesión de control ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta.

Así, Caballero abriu a sesión de control cun recordo á aposta "pola democracia, a igualdade e a liberdade" da II República, e salientou o papel de quen, desde Galicia, traballaron para a súa consecución como "vía estatutaria para o autogoberno".

"Viva a República e vivan os valores republicanos", proclamou Caballero, quen criticou que desde os escanos do PPdeG respondésese con "risas" a esta afirmación e pediu "respecto" aos populares para alcaldes republicanos asasinados no golpe de Estado franquista, como Emilio Martínez Garrido ou Ánxel Casal.

Pola súa banda, Pontón tivo un recordo, con motivo do 14 de abril, para "Castelao e todo slos que loitaron para ter o Estatuto do 36". "E unha reflexión: non se entende que escoitemos a Sánchez defender os valores republicanos no mesmo Congreso no que veta a investigación á Monarquía e ao rei rmérito", apostilou.

Nas súas respostas a ambos os dirixentes, Feijóo obviou calquera referencia a unha efeméride que tamén tivo nesta xornada protagonismo no Congreso dos Deputados, onde o presidente, Pedro Sánchez, arrincou o seu discurso reivindicando a II República e fixou un vínculo entre esa data e a da aprobación da Constitución de 1978, dous dos fitos que fixeron de España "un gran país".

En fronte, o líder do PP, Pablo Casado, recriminou a Sánchez que reivindicase a II República e sinalou que o PP non celebra datas que dividiron " aos españois".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta