O PCG colaborará na consulta entre monarquía ou república en varias vilas galegas este sábado

A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ponteareas ou Boiro contarán con urnas para deixar a opinión da cidadanía.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O Partido Comunista de Galicia colaborará coa Plataforma Estatal Monarquía o República que este mesmo sábado, 14 de maio, impulsa unha nova consulta popular estatal non vinculante para coñecer a opinión da cidadanía con respecto ao modelo de Estado.

Monarquía versus República.
Monarquía versus República.

Neste sentido, o PCG vén de anunciar que estará presente nesa consulta a través da súa militancia nas mesas que se instalen nas vilas de Galicia. "O Partido Comunista de Galicia apoia esta xornada e a súa militancia estará presente para que a consulta sexa todo un éxito democrático e de participación", sinalan nun comunicado.

Máis de 700 urnas por todo o Estado animarán a cidadanía maior de 16 anos a que poidan opinar sobre que modelo de Estado prefire. Galicia contará con urnas nalgunhas das principais vilas do país como A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ponteareas ou Boiro. Así, a partir das 10 horas calquera poderá manifestar a súa opinión nalgún destes postos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta