Deixen traballar, as présas son malas conselleiras

Carmen Santos Queiruga decidiu nomear o seu consello de coordinación con xente da súa lista, un mar de xente, e iso supúxolle as primeiras criticas, incluso os primeiros ataques, e teño que dicir que creo de forma inxusta.

Por Carlos González Armada | Vigo | 20/04/2016

Comparte esta noticia

O consello de coordinación, (o que seria o comité executivo doutro partido), debe de estar composto por xente da confianza do Secretario Xeral, para desta forma poder traballar con total confianza de delegar funcións a outros compañeiros e poder realizar mais actuacións políticas, así como tomar decisións con maior convencemento....eu fixese o mesmo

Os membros de Bases Podemos Galicia decidimos disolvernos cando Carmen Santos Queiruga gaño, precisamente para evitar isto, o ter que dar opinións de cada actuación da SG, o cal traduciría tensión interna e non a deixaría traballar adecuadamente, por iso tamén decidimos formar Xuntos e traballar desde fóra, para evitar que as sensibilidades de xente que fora criticada e estivese no CCA ou optase futuramente a un posto de CCM producise conflitos e evitase avanzar adecuadamente

Por iso debo pedir encarecidamente que se deixe traballar a Carmen Santos, non se pode criticar algo sen deixar un tempo prudencial de actuación, hai que deixala tomar decisións, a ela e ao seu equipo, non se pode dicir que non vaia a ser inclusiva porque o consello de coordinación sexa xente lla súa confianza, iso é o normal, que poñas xente da túa confianza nos postos onde debes de confiar na xente que os ocupa. outra cousa seria contraproducente

Eu confio en Carmen Santos, pero non dubiden nin por un momento que criticar duramente a súa actuación se non realiza o seu traballo con honestidade, pero para iso primeiro debo deixala traballar, e ver que decisións se toman, que actuacións levan a cabo, e iso é o que os demas compañeiros de Carmen Santos debería de facer, deixala traballar, darlle un tempo pudencial, polo menos os 100 dias de cortesía que se adoita conceder en política....esperemos, o tempo colocase a todos no seu sitio, a Carmen tambien, sexa para ben ou para mal, así que paciencia e démosle tempo ao tempo, e démosle tempo a Carmen Santos Queiruga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA