A caza do lobo aínda terá que agardar a pesar da súa desprotección ao norte do Douro

A Xunta ultima o novo plan de xestión, que incluirá medidas disuasorias e as batidas serán "en último termo".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 02/04/2025 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A rebaixa da protección especial ás poboacións do lobo ao norte do Douro farase efectiva desde este xoves, o que na práctica permitirá a súa caza, tras a publicación este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE) da Lei de Desperdicio Alimentario, na que se inclúe este precepto. A norma tamén abre a porta a que no futuro esta protección poida rebaixarse ás poboacións de cánidos ao sur do Douro.

Con todo, polo menos en Galicia, esta rebaixa do nivel de protección non significa que xa este xoves se poidan cazar lobos, porque a Xunta aínda está a traballar no plan de xestión, tal e como ratifican a Europa Press fontes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Hai case dúas semanas, xusto despois de que se aprobase a rebaixa da protección no Congreso dos Deputados, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pedía "un pouco de tempo" para poder elaborar unha proposta técnica sobre a caza do lobo.

Agora, tras publicarse no BOE a medida, a Consellería de Medio Ambiente ratifica que por agora, na práctica, non haberá cambios a falta de actualizar o plan de xestión. En todo caso, fontes do departamento que dirixe Ángeles Vázquez insiste en que esta folla de ruta non só fala de batidas, que serán "en último termo" e en casos "graves" e "xustificados", senón tamén doutras accións disuasorias que se realizarían primeiro.

Lobo
Lobo | Fonte: CSIC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta