Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/08/2025 | Actualizada ás 11:11
O monte de Ridimoas está ardendo. Un dos grandes santuarios da natureza de Ourense comezou a queimarse na noite deste venres. As 400 hectáreas de especies autóctonas desta fraga colectiva -- é propiedade de case 1.300 socios-- están en perigo.
Ridimoas é un bosque de transicción entre a Rexión Floral eurosiberiana e a Rexión Floral mediterránea, con clima oceánico-mediterráneo, en altitudes comprendidas entre os 80 e 300 metros; no concello de Beade, comarca do Ribeiro. Está formado por carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica con sotobosque de rascacú (Ruscus aculeatus), érbedo (Arbutus unedo) e distintas especies de fentos, etc; con pés relictos de cerdeira de acios.
View this post on Instagram
A post shared by Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Este monte foi impulsado por Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) a partir de 1977 tras impulsar unha "Aula Verde" da antiga Universidade Laboral de Ourense. Co tempo creouse a Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas da que forman parte case 1.300 persoas.
Testemuñas presencias aseguran que o incendio comezou en catro puntos simultáneos polo que, podería tratarse, dun incendio provocado.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Arde a o bosque colectivo de Ridimoas, un santuario da natureza no medio do Ribeiro
- (Gráficos) Galicia arde menos, pero máis forte: os lumes son cada vez menos frecuentes, pero máis devastadores
- Incendios de agosto en España: máis de 115.000 hectáreas queimadas, tres mortos e miles de desaloxados
- Sumar Galicia reclama á Xunta pedir ao Estado o nivel 3 de emerxencia polos incendios
- A Fiscalía de Galicia insta a valorar medidas cautelares como a prisión provisional para os incendiarios cachados
- O incendio de Chandexa xa queimou 10.500 hectáreas, un dos maiores da historia de Galicia