Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2025 | Actualizada ás 17:25
Axentes da Policía Local de Ribeira sancionaron na madrugada do sábado ao domingo ao condutor dunha bicicleta que deu positivo en alcoholemia. A multa foi de 1.000 euros.
Segundo explican nun comunicado, tras arroxar un resultado de 0.84 mg por litro de aire aspirado, esta persoa foi denunciada por vía administrativa cunha sanción de 1.000 euros. A bicicleta retiróuselle ata que non cesaron as causas da inmovilización.
A Policía Local lembra que as taxas de alcol non só poden afectar os condutores de vehículos a motor e ciclomotores na vía penal, senón tamén aos condutores, como neste caso, de bicicletas, na vía administrativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.