Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/02/2009 | Actualizada ás 20:49
"A Corrente Traballadores Galegos polo Socialismo logo de realizar distintas actividades políticas dentro de "Unidade da Esquerda Galega" e "Vigo de Esquerda", decidimos dar os primeiros pasos organizativos e políticos para a creación dunha forza política que exprese un novo pensamento da esquerda. Consideramos que debemos aprender dos erros do pasado e desde unha óptica aberta rescatar o mellor do pensamento revolucionario e de clase, tanto de Galiza como a nivel internacional", aseguran.
Os seus puntos programáticos son:
1.- Convocatoria Congreso Constituínte. Declaración da Republica Confederal.
2.- Dereito de autodeterminación dos pobos.
3.- Republica Galega Soberana.
4.- Contra as políticas económicas neoliberais.
5.- Defensa dos dereitos humanos e sociais.
6.- Saída da OTAN e retirada das bases militares estranxeiras.
7.- Derrogación da lei antiterrorista e dos partidos políticos. Amnistía dos presos políticos.
8.- Educación pública en galego, laica, democrática, gratuíta e de calidade.
9.- Nacionalización dos sectores económicos estratéxicos e dos recursos e espazos naturais. Xestión pública dos servizos sociais.
10.- Modelo de produción e consumo compatible coa sustentabilidade dos recursos naturais e o medio ambente.
11.- Loita contra o racismo e a xenofobia. Antifascismo.
12.- En defensa da sanidade pública.
13.- Loita activa contra o patriarcado.
14.- Separación Igrexa-Estado.
15.- Antiimperialismo e solidariedade internacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.