Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/05/2016 | Actualizada ás 16:28
En declaracións aos medios, Beiras aconsellou a Caballero e ao PSdeG que se queren evitar un novo "sorpasso", que "recuperen a identidade socialdemócrata e federal e federalista e republicana" do partido.
"Mal síntoma se están preocupados Abel Caballero e compañía de que non os adiantemos quen estamos á súa esquerda, no canto de tender a man para derrotar ao PP e enfrontarnos á troika", aseverou.
Beiras instou a Caballero e ao conxunto do socialismo galego a que se rearmen "para recuperar o proxecto e a política socialdemócrata, porque se é para continuar sendo un das columnas da segunda restauración borbónica (...), se se empeñan niso, vanos a arrastrar".
Así, lembrou que o alcalde de Vigo foi o candidato socialista á Xunta en 1997, cando se produciu o "sorpasso" do BNG ao PSdeG. Unhas declaracións que Beiras fixo tras indicar Caballero, nunha entrevista en La Voz de Galicia, que iniciou unha xira por Galicia para relanzar ao seu partido ante o temor a que as Mareas superen ao PSdeG nas autonómicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.