Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/05/2016 | Actualizada ás 08:30
A política alega motivos de "coherencia" para explicar a súa decisión. Adán foi unha das ponentes das propostas críticas que fracasaron na última asemblea da fronte. Ela e outros persoeiros apostaban por explorar a converxencia coas mareas, algo que a UPG e o MGS (os dous partidos máis numerosos no Bloque) rexeitaron.
O BNG non se presentou coas súas siglas o 20D. Fíxoo como parte da coalición Nós, pero todos os cabeza de lista eran militantes do Bloque. Está por ver se o resto de números 1 quere repetir o 26J e se o Bloque está interesado en repetir coalición con outras forzas galegas moi pequenas: Terra Galega, FOGA, etc.
Ana Pontón, voceira do Bloque, mostrouse polo de agora a prol de deixar aberta a porta a que os números 1 repitan. A líder nacionalista tamén se mostrou a prol dos pactos, pero sempre matendo a marca do BNG na papeleta.
Velaquí o vídeo de Adán durante o seu anuncio en rolda de prensa no Parlamento de Santiago
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.