Temas: MAREAS

As mareas municipais votarán o seu candidato o 26 de xuño

O colectivo de candidaturas locais Mareas en Común chama a artellar unha confluencia canda a Abrente – Esquerda Democrática Galega, Anova – Irmandade Nacionalista, Anticapitalistas Galiza, Cerna, Encontro Cidadán por unha Marea Galega, En Marea, Equo Galicia, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Foro Galego, Fronte Popular Galega e Podemos. Este sábado, reunión clave en Bertamiráns.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 05/05/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O proceso das mareas municipalistas avanza sen agardar que os partidos da confluencia cheguen a pactos entre si. O grupo Mareas en Común reunirase de novo este sábado cunha data marcada no calendario: realizar eleccións primarias para candidatos á Xunta o 26 de xuño.

Foto de familia da reunión de Mareas en Común en Sada
Foto de familia da reunión de Mareas en Común en Sada | Fonte: @mareasencomun

No proceso de confluencia municipalista -bautizado como Marea Viva- participan arestora 28 mareas locais e máis de 800 persoas. Na reunión en Bertamiráns este sábado teñen previsto marchar a casa cun censo, folla de ruta, regulamento, principios éticos e todo o necesario para o proceso electoral.

De cumprir o aprobado na pasada reunión de Sada, os inscritos poderán votar definitivamente as propostas programáticas que se están a debatir xa durante este mes de maio. As candidaturas poderanse presentaranse a partir 5 de xuño . A campaña durará dez días a partir do 17 de xuño. Os candidatos provinciais e o candidato á Xunta debería ser proclamado despois das primarias do 26.

Poderanse presentar os líderes das diferentes forzas e iniciativas interesadas na confluencia (ANOVA, Podemos Galicia, Esquerda Unida, Equo+Espazo, Foro Galego, etc.) ás primarias? Nada o impide en principio, pero as mareas municipalistas teñen establecido que en todo caso a participación nelas é de “adscrición individual”. É dicir, quen se presente terá que facelo co seu nome, e non apoiado cunhas siglas partidarias detrás.

As mareas municipalistas invitaron publicamente a participar na reunión de Ames as seguintes forzas políticas: Abrente – Esquerda Democrática Galega, Anova – Irmandade Nacionalista, Anticapitalistas Galiza,  Cerna, Encontro Cidadán por unha Marea Galega,  En Marea, Equo Galicia, Espazo Ecosocialista,  Esquerda Unida, Foro Galego, Fronte Popular Galega

Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra

e Podemos.

Ademais da coñecida ausencia do BNG (quen xa deixou claro que non está interesado nas mareas), destaca a diversidade dos convidados. Están os partidos tradicionais que impulsaron a confluencia para as xerais (ANOVA, Podemos e Esquerda Unida), pero tamén participarán  propia confluencia nas Cortes a disolver (En Marea), partidos que están en proceso de fusión (Espazo e Equo), correntes internas que estaban noutros partidos até hai nada (caso de Abrente) e mesmo colectivos que non existen como partido senón que son simples iniciativas de debate (caso de Foro Galego, que reúne a mandatarios municipais que eran do BNG). 

No caso de que todos os citados colectivos acepten que a Marea Viva das Mareas en Común é o foro no que queren artellar unha confluencia, deberán chegar a acordos antes do 5 de xuño. Do contrario, veranse abocados a enfrontarse nas primarias do 26 ou renunciar a participar canda os municipalistas, quen mesmo barallan inscribir esta iniciativa como partido político propio.

Deputados de Podemos e EU na reunión de Mareas en Común en Sada
Deputados de Podemos e EU na reunión de Mareas en Común en Sada | Fonte: @mareasencomun
Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra
Reunión de Mareas en Común en Sada
Reunión de Mareas en Común en Sada
Temas: MAREAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 nenos probetas do CNI

Pablemos, non interesado en formar parte dun goberno, que debería aplicar os recurtes que reclama a UE. Tenta revertir a perda de apoio, e desbancar a un PSOE que non da recuperado, coma lider da oposición. Para iso, o novo Mesias proclamado polo poder, fai alianzas ate coas farolas. Alianzas con todo canto mercenario, trepas, oportunistas que lle saen o camiño, e dispostos a todo con tal dun enchufe a un postiño de burócrata na administración. Ate cunha vendida IU, secuestrada polos Garzóns, que ate hai pouco despreciaba e decía que meteran as suas bandeiras vermelhas, no "orto".

9 Suisidate

Os podemitas busco chollo, o espiritu de "la roja de siempre" ,visionarios de cerna, adereitados de abrente, anovados política malo será... Medo me dá! Mais fodido facer partido, non teñen capacidade entender neste sistema de partidos corrupto o primeiro que se ten que modificar é o propio sistema de partidos, con mimetismo, e moi complicado pras mentes criadas no euro, parecerse mais non gardar relación co sistema corrupto. Outros fenómenos os do bng, en lugarde alianzas cos que non pensan igual pero recoñecen o dereito (vailles mais o psoe) tiran votos pra que ciudadanos entra no parlamentiño, ou que non exista un grupo parlamentar no congreso con influencia nacionalista asegurada, prefiren morrer polo seu deus euro. Non recoñecer a importancia ruturista dos votantes galegos neste tempo político no estado español... esquerdallo suisídate.

1 TIC, TAC Beiras e cia

Certo. Vai moito busca choio arredor de Podemos, moito clientelismo e enchufismo (modelo BNG e modelo Mareas, que se repite). A prioridade do BNG e das Mareas está sendo controlar a manada, nomear pastor de confianza, ningunear as ovellas... Tenhen medo dos cidadáns que din querer salvar! Non están à altura dos tempos! Aos do Bloque xa non os cremos, os das Mareas deben reaxir e superar complexos frente aos madrilenhos ou perderam apoios dos críticos. Deixaram de ser vanguarda para ser cevadeiro de amamantados da política.

8 eivai

Que poñan un bozal o mastín de vigo do partido comunista monárquico ejpañol

7 Fichaxes estrela

6 Ramoncho

Coa distancia precisa, a que non teñen os que me preceden (John Mc, o taparrabos do aparato do Beneguai, ou o noxento pederasta, sen esquecer que Yoli ten responsabilidades non asumidas), resulta evidente que periga o partido instrumental galego. A Podemos non lle interesa, a IU menos (escandaosas as declaracions do mantido do PcE Ruben en Via V do martes, silenciadas aqui, coma sempre, "xornalismo independente"). Somos moitos os que agardamos que Beiras, Martiño e Ferreiro non queimen a pouca credibilidade que lles resta. O momento resulta decisivo e xa non valen disculpas de mal pagador.

1 Sapoconcho

Por que dis que lles queda pouca credibilidade ti quen eres para xulgar

2 TIC, TAC Beiras e cia

Grupo galego, falso (nen a dignidade de Compromis tiveron). Escolla democrática dos candidatos, falso. Participación e decisións das bases falso. Negociación por unha candidatura unitária, falso (estava amanhada tanto por IU-Podemos coa cumplicidade de Anova, como polo BNG). Queres mais falsidades? Acreditas que os críticos só vemos o que nos venden os aparatos? Somos moitos os que comezamos a sospeitar das prioridades das Mareas, que non aturamos a farsa da UPG para facelo co chiringuito do PCE e da complutense.